Terremoto de Ossa de Montiel de 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A localidade de Ossa de Montiel, en xuño de 2013.

O terremoto de Ossa de Montiel do 23 de febreiro de 2015 sacudiu principalmente a localidade albaceteña de Ossa de Montiel, situada en Castela-A Mancha (España), ás 17:16 hora local (16:16 UTC)[1]. Os seus efectos sentíronse por gran multitude de cidades do centro da Península Ibérica, entre elas, na capital española, Madrid.[2] Tivo unha magnitude de 4,6 na escala de magnitude de momento e produciuse na mesma falla que o sismo que asolou Lorca (Murcia) en 2011, que atravesa a Meseta Central.[1][2] Trátase do tremor máis intenso en España dende 2012.[3]

O hipocentro encontrouse a 17 quilómetros de profundidade.[1] Minutos despois das 17:27 hora local, rexistrouse unha réplica de 2,5 graos na escala de Richter, a 19 km de profundidade.[2] Unha hora despois, detectouse outra de 3,1 graos na mesma escala, e o seu epicentro localizouse moi preto do primeiro.[2]

Segundo informaron fontes oficiais, non houbo danos materiais nin estruturais, salvo incidentes de carácter «leve», como desprendementos sobre vehículos. Os efectivos de Protección Civil non informaron de ningún efecto de consideración ao Instituto Xeográfico Nacional.[2]

Fracturación hidráulica[editar | editar a fonte]

Na zona próxima ao terremoto, hai concedidas tres licenzas de fracturación hidráulica ou 'fracking' dende 2012. A empresa licitadora, Oil and Gas Capital, confirmou que non iniciara ningunha sondaxe na zona, desmarcándose totalmente das posibles causas do terremoto.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "GEOFON Program" (en inglés). GFZ. 23 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Un terremoto con epicentro en Albacete sacude o centro de España". El País. 23 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  3. "O terremoto de Ossa de Montiel, en Albacete, o máis intenso dende 2012". El Mundo. 23 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de febreiro de 2015. 
  4. "O mapa do 'fracking' español, afectado polo terremoto". El Mundo. 23 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]