Terremoto de L'Aquila de 2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terremoto de L'Aquila

O terremoto de L'Aquila de 2009 foi un sismo de 6,3 graos na escala sismolóxica de magnitude de momento segundo a United States Geological Survey[1] (6,7 graos na escala de Richter)[2] rexistrado o día 6 de abril de 2009 na zona central da península Itálica.[3] O epicentro localizouse na cidade de L'Aquila, rexión de Abruzzo, mentres que en Roma a súa magnitude foi de 4,6 grados Richter. O terremoto deixou 294 mortos, 1.500 feridos e unhas 50.000 personas perderon as súas casas a causa da destrución total ou parcial de miles de edificacións.[4][5]As réplicas continuaron os días posteriores do sismo máis forte, entre eles varios que superaron os 5 graos na escala de Richter.[6]

Notas[editar | editar a fonte]