Terremoto de Isla Cristina de 2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O terremoto de Isla Cristina de 2009 foi un sismo rexistrado o día 18 de decembro ás 2:37:18 hora local con epicentro en Isla Cristina, na provincia de Huelva, que afectou a toda Andalucía. Tivo unha magnitude de 6,2 graos na escala de Richter.[1]

O sismo provocou caos na poboación, que fuxiu por temor a un tsunami, que foi descartado de maneira tallante inmediatamente despois do tremor.[1][2] O sismo ademais provocou enormes estragos en distintas vivendas.

Foi un dos tremores máis fortes no país dende 1755, cando un terremoto de 8,5 graos con epicentro en Lisboa fundou Isla Cristina e provocou un gran tsunami que chegou mesmo ás costas do Brasil. Ademais en abril de 2010 un sismo de igual magnitude, 6,2 na escala de Richter, sacudiu Andalucía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 ABC, ed. (18 de decembro de 2009). "Un terremoto provoca escenas de medo na costa de Huelva ao temer un tsunami". Arquivado dende o orixinal o 08-03-2015. Consultado o 05-03-2015. 
  2. El Mundo, ed. (17 de decembro de 2009). "Os veciños de Isla Cristina marchan ante o temor a un maremoto como o de 1755". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]