Terra Nova
- Este artigo refírese á illa no Océano Atlántico. Para a provincia canadense antigamente (e aínda coloquialmente) coñecida como Terra Nova, vexa Terra Nova e Labrador.
| Terra Nova | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
| Datos | |||||
| Capital | San Xoan de Terranova | ||||
| País | Canadá | ||||
| Linguas | |||||
| Poboación (2006) | 479,105 hab. | ||||
| Superficie | 111.390 km² | ||||
| Densidade | |||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 49°00′N 56°00′W / 49°N 56°W | ||||
| Maior Altura | 814 m. O Cabox | ||||
Terra Nova (Inglés: Newfoundland; Francés: Terre-Neuve; Irlandés: Talamh an Éisc; Latín: Terra Nova) é unha gran illa situada na costa nororiental de Norteamerica, e a parte máis poboada da provincia Canadense de Terra Nova e Labrador. A illa de Newfoundland (orixinalmente chamada Terra Nova) foi máis probablemente nomeada por primeira vez polo italiano John Cabot (Giovanni Caboto) en 1497, o que o convertería no máis antigo nome de orixe europea en Norteamérica. A provincia na que a illa está situada chamábase tamén Terra Nova ata o ano 2001, cando o seu nome foi cambiado por Terra Nova e Labrador.
Terranova está separada da Península do Labrador polo Estreito de Belle Isle e polo Estreito Cabot. Bloquea a entrada do río Saint Lawrence, creando o golfo de Saint Lawrence, o máis grande estuario do mundo.
Ten 111,390 km² de superficie, o que a converte na décimo quinta illa en tamaño do mundo. A capital da provincia, St. John's, está situada no extremo sueste da illa. O Cabo Spear, ó sur da capital, é o punto máis oriental de Canadá. A illa de Terra Nova ten unha poboación aproximada de 485,000 habitantes.