Terra (homónimos)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. |
O termo terra pode facer referencia:
- Á Terra, un planeta que xira sobre si mesmo e arredor do Sol, no que vive o home.
- Á terra, a materia sólida composta de partículas minerais e orgánicas.
- Á codia terrestre, o material citado antes, cando constitúe a capa da terra onde medran as plantas.
- Ás terras emerxidas, a superficie do planeta Terra non cuberta polo mar.
- Á terra de cultivo, a parte da superficie que se cultiva e se considera como obxecto de propiedade.
- Ao lugar, país, cidade ou nación onde nace unha persoa ou co que ten unha forte relación.