Termodinámica clásica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase termodinámica clásica ao ramo da Termodinámica que *xudíu primeiramente co entendemento progresivo dos conceptos de traballo, calor , enerxía e entropía no contexto clásico.

Esa abordaxe, por motivos obvios, tiña unha natureza eminentemente fenomenolóxica, as súas leis aplicábanse aos procesos macrocópicos e procedían por completo da observación dos mesmos. Non había entón unha teoría constitutiva satisfatoria para describir os sistemas macroscópicos dun punto de vista microscópico, e da que se puideren deducir estas leis.

A teoría cinético-molecular non fora plenamente desenvolvida aínda, e non foi senón na transición do século XIX para o século XX que o paradigma enerxeticista, defendido por Helm, Ostwald e Mach foi cedendo terreo para o paradigma atomista, defendido por Ludwig Boltzmann e Felix Klein . Máis tarde a mecánica estatística e a termodinámica estatística xurdiron como disciplinas plenas, baseadas principalmente nos estudos de Boltzmann.