Terminator 2: Judgment Day

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terminator 2: O día do xuízo
Título orixinal Terminator 2: Judgment Day
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director James Cameron
Produtor James Cameron
Stephanie Austin
B.J. Rack
Gale Anne Hurd
Mario Kassar
Guión James Cameron
William Wisher Jr.
Baseado en
Intérpretes Arnold Schwarzenegger
Linda Hamilton
Edward Furlong
Robert Patrick
Música Brad Fiedel
Fotografía Adam Greenberg
Montaxe Conrad Buff
Mark Goldblatt
Richard A. Harris
Estudio Carolco Pictures
Lightstorm Entertainment
Pacific Western
Canal+
Distribuidor TriStar Pictures
Ano 1991
Duración 139 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Acción, Ficción científica
Orzamento $94-102.000.000[1]
Recadación $519.843.345
Filme anterior Terminator
Filme seguinte Terminator 3: A rebelión das máquinas
Ficha en IMDb

Terminator 2: Judgment Day é un filme de acción estadounidense dirixido por James Cameron que foi estreado no 1991. É a segunda parte da saga cinematográfica e a secuela de Terminator (1984). Escrito por Cameron e William Wisher, Jr., está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Linda Hamilton, Robert Patrick e Edward Furlong. Terminator 2 conta a historia de Sarah Connor (Hamilton) e o seu fillo John (Furlong) que son perseguidos por un novo e mellorado Terminator, o T-1000 feito de metal líquido (Patrick), enviado atrás no tempo para matar a John e evitar que se converta no líder da Resistencia humana contra as máquinas. O modelo menos avanzado T-800 (Schwarzenegger) tamén é enviado atrás no tempo para protexer a John.

Despois dunha problemática pre-produción caracterizada polas disputas legais, Mario Kassar de Carolco Pictures fíxose cos dereitos de propiedade da franquía na década de 1990. Isto facilitou o camiño para a realización do guión escrito polo equipo de produción liderado por Cameron, e en outubro de 1990 comeza un calendario de rodaxe de 186 días, máis curto do orixinalmente pensado. A produción de Terminator 2 requiriu un orzamento sen precedentes de máis de $94 millóns, a maioría do cal foi gastado na filmación e nos efectos especiais. O filme estreouse 3 de xullo de 1991.

Terminator 2, un éxito en recadación e en crítica, influíu na cultura popular e especialmente nos filmes de acción e ciencia ficción.[2] Os efectos visuais inclúen imaxinería xerada por ordenador, o uso de movementos naturais humanos para unha personaxe xerada por ordenador e o primeiro personaxe xerado parcialmente por ordenador.[3] Recibiu numerosos galardóns, entre os que destacan catro Premios Oscar por maquillaxe, son, edición de son e efectos visuais.[4]

Argumento[editar | editar a fonte]

Sarah Connor, a nai solteira do rebelde John Connor, está ingresada nun psiquiátrico. Algúns anos antes, un viaxeiro do tempo reveláralle que o seu fillo sería o salvador da humanidade nun futuro dominado polas máquinas. Converteuse dende entón nunha especie de guerreira e educou ó seu fillo John en tácticas de supervivencia. Esta é a razón pola que está recluída nun manicomio. Cando un novo androide mellorado, un T-1000, chega do futuro para asasinar a John, un vello modelo T-800 será enviado dende o futuro para protexelo.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 1991: 4 Oscars: Mellor son, efectos de son, efectos visuais, maquillaxe. 6 nomeamentos.
  • 1991: 2 BAFTA: Mellor son, efectos visuais. 3 nomeamentos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]