Terepai Maoate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terepai Maoate
Nacemento1 de setembro de 1934
Lugar de nacementoIlla de Rarotonga
Falecemento9 de xullo de 2012
NacionalidadeNova Zelandia
Alma máterUniversidade de Auckland, Universidade de Ámsterdam e College of Medicine, Nursing & Health Sciences
Ocupaciónpolítico e diplomático
CónxuxeMarito Maoate
PremiosKnight Commander of the Order of the British Empire
editar datos en Wikidata ]

Terepai Tuamure Maoate, nado o 1 de setembro de 1934 en Rarotonga e finado o 9 de xullo de 2012, foi un médico e político das Illas Cook que foi primeiro ministro do 18 de novembro de 1999 ao 11 de febreiro de 2002.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola de Medicina de Fidxi e na Universidade de Auckland, traballou como médico en diversas illas do país e como cirurxián xefe do Hospital de Rarotonga ata que en 1976 nomeárono director de Servizos Clínicos do Ministerio de Saúde.[1] En 1983 entrou no Parlamento representando á circunscrición de Ngatangiia como demócrata, foi ministro de Saúde e Agricultura no gabinete de Tom Davis e de 1985 e 1989 foi tamén viceprimeiro ministro.[1] En 1998 Maoate converteuse no novo líder do Partido Demócrata e líder da oposición, logo das eleccións de 1999 que non lle deron maioría absoluta a partido ningún, o Parlamento elixiou a Maoate primeiro ministro[2] ata que o seu viceprimeiro ministro Robert Woonton o depuxo o 11 de febreiro de 2002,[3] pasando a ser o líder da oposición.

No comezo do ano 2003 uníronse as dúas fraccións nas que se dividira o Partido Demócrata[4] e Maoate volveu ao gabinete como viceprimeiro ministro substituíndo ao líder do Partido das Illas Cook Geoffrey Henry.[5]. Non obstante Maoate renunciou[6] e propuxo unha moción de confianza ao goberno en novembro[7]. A escisión dun grupo de parlamentarios demócratas en 2004 impediulle ser elixido primeiro ministro logo das eleccións de 2004 pero volveu ser nomeado viceprimeiro ministro en 2005[8], o que engadiu en xullo de 2009 a carteira de Asuntos Exteriores.

En decembro de 2009 destituíron a Maoate como viceprimeiro ministro en favor de Robert Wigmore, provocando a dimisión masiva dos ministros demócratas[9][10] e a retirada do apoio ao goberno En xuño de 2010 Wigmore substituíuno como o líder dos demócratas[11]

Para as eleccións de 2010 intentou ser elixido como o candidato demócrata pero perdeu nas primarias[12], decidindo concorrer como independente[13] sen conseguir escano.[14]

Maoate leva o título tradicional de Maoate Mataiapo baixo a dinastía Pa Ariki da vaka Takitumu. En 2007 a raíña nomeouno cabaleiro da Orde do Imperio Británico.[15] e ten un fillo, Terepai Maoate tamén político.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Terepai Maoate". Cook Islands Parliament. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2010. Consultado o 2009-03-31. 
  2. "History of the Cook Islands". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2011. Consultado o 2009-03-27. 
  3. Robert Lee (2002-02-14). "Terepai Maoate Ousted As Cook Islands PM". TaxNews.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2008. Consultado o 2009-03-31. 
  4. "Cook Islands deputy PM wants strong party for elections". Radio New Zealand International. 2003-02-05. Consultado o 2009-03-31. 
  5. "Cook Islands deputy PM sacked". Radio New Zealand International. 2003-01-30. Consultado o 2009-03-31. 
  6. "Two Cook Islands cabinet ministers resign". Radio New Zealand International. 2003-11-05. Consultado o 2009-03-31. 
  7. "Cook Islands Parliament debates Deputy Prime Minister’s call for early election". Radio New Zealand International. 2003-11-05. Consultado o 2009-03-31. 
  8. "Cook Islands deputy PM dumped, new government formed". Radio New Zealand International. 2005-08-09. Consultado o 2009-03-31. 
  9. "Cooks Deputy Prime Minister replaced, prompting a walkout". Radio New Zealand International. 2009-12-24. Consultado o 2009-12-24. 
  10. "Cabinet Ministers Resign in Support of Party Leader". Democratic Party - Cook Islands. 2009-12-23. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2011. Consultado o 2009-12-25. 
  11. "New leadership for Cook Islands Democratic Party". Radio New Zealand International. 2010-06-03. Consultado o 2010-06-05. 
  12. "Sir Terepai Maoate loses selection run off in Cook Islands constituency". Radio New Zealand International. 2010-09-30. Consultado o 2010-09-30. 
  13. "Former Cook Islands Prime Minister to run as independent". Radio New Zealand International. 2010-10-07. Consultado o 2010-10-07. 
  14. "Preliminary results show Democrats ousted in Cook Islands election". Radio New Zealand International. 2010-11-18. Consultado o 2010-11-18. 
  15. "The newly knighted Terepai Maoate credits family and friends for his honour". Radio New Zealand International. 2007-01-02. Consultado o 2009-03-31. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]