Terence McSwiney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Busto de Terence MacSwiney no Cork City Hall.

Terence Joseph MacSwiney ou Tordhealbhach Mac Suibhne en irlandés, nado o 20 de marzo de 1879 en Cork (Irlanda) e finado o 25 de outubro de 1920 na Prisión de Brixton (Inglaterra). Foi elixido alcalde de Cork polo Sinn Féin en 1920, en plena Guerra da Independencia Irlandesa foi arrestado polas forzas británicas acusado de sedición e encarcelado na prisión de Brixton, en Inglaterra. A súa morte en outubro, tras 74 días de folga de fame, situou ao conflito irlandés en primeira plana da actualidade internacional da época.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

MacSwiney era membro dunha familia de oito irmáns. Seu pai, John MacSwiney, natural de Cork loitara contra Garibaldi en 1868 como garda papal. Ao seu retorno traballou como profesor en Londres e fundou unha fábrica de tabaco en Cork, que finalmente fracasaría. Tralo peche da fábrica, emigrou a Australia (1885), deixando aos seus fillos ao coidado da súa dona e da súa filla maior.[1] A nai de Terence, Mary Wilkinson, era unha católica inglesa de arraigadas ideas nacionalistas. Terence MacSwiney asistiu á escuela que os Irmáns Cristiáns tiñan en North Monastery (Cork), mais abandonou os seus estudos aos quince anos para axudar á súa familia.[2] Conseguiu traballo de contable, mais logo decidiu proseguir a súa educación, combinando o traballo cos estudios, e graduouse en Ciencia Mental e Moral na Royal University de Cork (actualmente University College Cork) en 1907.[3]

En 1901 participou na creación da Celtic Literary Society (Sociedade Literaria Céltica) e en 1908 fundou a Sociedad Dramática de Cork xunto a Daniel Corkery, para a que escribiu varias obras de teatro.[3]

Actividade política[editar | editar a fonte]

Os escritos publicados por MacSwiney no Irish Freedom chamaron a atención da Irmandade Republicana Irlandesa.[4] Foi un dos fundadores da Brigada de Cork dos Voluntarios Irlandeses en 1913, e se converteu no presidente do Sinn Féin en Cork. Fundou un xornal en 1914 bautizado como Fianna Fáil, mais foi suprimido logo de once publicacións. En abril de 1916, estaba previsto que MacSwiney fora o segundo ao mando no Alzamento de Pascua en Cork e Kerry, mais retivo ás súas forzas seguindo ordes de Eoin MacNeill. Tralo Alzamento foi internado nos Campos de Concentración de Reading e Wakefield Gaols ata decembro de 1916. En febreiro de 1917 fue deportado e internado en Shrewsbury e Bromyard ata ser definitivamente liberado en xuño. Foi durante o seu exilio en Bromyard cando casou con Muriel Murphy, que pertencía á familia propietaria das famosas destilarías de Cork. En novembro dese mesmo ano, foi arrestado en Cork por vestir o uniforme do Exército Republicano Irlandés e, inspirado polo exemplo de Thomas Ashte iniciou unha folga de fame que duraría tres días, antes de ser liberado.[5]

Nas eleccións xerais de 1918, MacSwiney foi elixido sen oposición como representante polo Sinn Féin no Dáil Éireann, sucedendo no cargo a D. D. Sheehan, membro do Partido Parlamentario Irlandés. Tralo asasinato do seu amigo Tomás Mac Curtain, alcalde de Cork, foi elixido para a alcaldía el 20 de marzo de 1920. O 12 de agosto dese mesmo ano, MacSwiney foi arrestado en Dublín por posesión de artigos e documentos de carácter sedicioso, así como dunha chave de cifrado. Foi xulgado sumarialmente por unha Corte marcial o 16 de agosto e condenado a dous anos de prisión na Prisión de Brixton.[3]

Folga de fame[editar | editar a fonte]

Inmediatamente despois do seu ingreso en prisión, MacSwiney iniciou unha folga de fame en protesta polo seu internamento e polo feito de ter sido xulgado por un tribunal militar.[5] Outros once prisioneiros republicanos da cadea de Cork iniciaron outra folga á vez.[5] O 26 de agosto, o gabinete declarou que "a liberación do Alcalde tería efectos desastrosos en Irlanda e provocaría probablemente unha rebelión do exército e a policía do Sur de Irlanda".[5] A folga de fame de MacSwiney atraeu a atención mundial. Os Estados Unidos ameazaron con boicotear os produtos británicos, mentres que varios países sudamericanos solicitaron a mediación do Papa. Houbo protestas igualmente por parte de Francia e Alemaña.

Nos últimos días de folga tentaron forzalo a comer, mais sen éxito.[5] O 20 de outubro de 1920 entrou en coma, falecendo cinco días despois, tras 74 en folga de fame.

A capela ardente foi instalada na Catedral Southwark de Londres, ante a que desfilaron 30.000 persoas.[5] Ante o temor a grandes manifestacións en Dublín, as autoridades enviaron o ataúd directamente a Cork, onde tivo lugar un multitudinario funeral o 31 de outubro.[5] Terence MacSwiney está enterrado no Camposanto de Saint Finbarr de Cork. El político Arthur Griffith asistiu ao seu enterro e pronunció unhas vervas durante a cerimonia.[5]

Importancia e legado[editar | editar a fonte]

Unha colección das súas obras, titulada Principles of Freedom e baseada nas súas contribucións ao Irish Freedom foi publicada póstumamente en 1921. Entre os seus lectores e admiradores encóntranse políticos como Jawaharlal Nehru[6] ou Bhagat Singh, independentista indio que tamén realizou varias folgas de fame como protesta ante o trato dispensado polas autoridades británicas na India.

A súa irmá Mary ocupou o asento deixado por Terence no Dáil, e interveu en xaniro de 1922 para oporse ao Tratado Angloirlandés. O seu irmán Seán foi elixido deputado nas eleccións de 1921, adheríndose igualmente á facción Anti-Tratado.

Obras[editar | editar a fonte]

  • The music of freedom por 'Cuireadóir'. (Poems, The Risen Gaedheal Press, Cork, 1907)
  • Fianna Fáil : the Irish army : a journal for militant Ireland (Publicación semanal editada y escrita principalmente por MacSwiney; Cork, 11 números, Septiembre a Diciembre 1914)
  • The revolutionist; a play in five acts (Dublin, Londres, Maunsel and Company, 1914).
  • The ethics of revolt : a discussion from a Catholic point of view as to when it becomes lawful to rise in revolt against the Civil Power por Toirdhealbhach Mac Suibhne. (Pamphlet, 1918)
  • Battle-cries (Poems, 1918)
  • Principles of freedom (Dublin, The Talbot Press, 1921)
  • Despite fools' laughter; poems by Terence MacSwiney. Editado por B. G. MacCarthy. (Dublin, M. H. Gill and Son, 1944)

Citas[editar | editar a fonte]

  • "Non son aqueles que máis dano poden causar, senón aqueles que máis dano poden sufrir, os que prevalecerán."
  • "Estou seguro de que a miña morte causará máis dano ao Imperio Británico que a miña liberación." (Durante a súa folga de fame)
  • "Quero que deades testemuño de que morro como un Soldado da República Irlandesa." As súas últimas palabras a un sacerdote que lle visitaba.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Francis J Costello, Enduring the Most: The Biography of Terence McSwiney. Dingle: Brandon Books, 1996.
  • Robert Welch (ed), The Oxford Companion to Irish Literature. Oxford: The Clarendon Press, 1996.
  • Máire MacSwiney Brugha History's Daughter: A Memoir from the Only Child of Terence MacSwiney. Dublin: The O'Brien Press, 2006.

Os escritos privados de Terence MacSwiney gárdanse nos arquivos da Universidade de Dublin (IE UCDA P48b, P48c). Igualmente, na Biblioteca Nacional de Irlanda podemos atopar manuscritos e copias dos seus escritos publicados (MSS 35029–35035).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]