Terceiro Concilio de Braga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O terceiro concilio de Braga tivo lugar en 675, sendo prelado Leodegisius, e baixo o reinado de Vamba.

Foron promulgados oito decretos, todos eles demandando gran simplicidade e un maior respecto cara á relixión tanto por parte dos fieis como do clero.

Os principais acordos tomados foron:

  • Non se debe ofrecer en sacrificio leite ou uvas, senón pan e viño mesturado cun pouco de auga nun cáliz; tampouco se debe ofrecer pan mollado no viño.
  • En caso de utilizar os obxectos sagrados para fins profanos, os clérigos deben ser excomungados e os relixiosos privados do seu oficio.
  • Os sacerdotes non debían ter muller algunha na súa casa, agás as súas nais.
  • Os bispos, mentres leven as reliquias dos mártires en procesión, deben camiñar por si mesmos cara á igrexa, e non ser levados nunha cadeira, por diáconos vestidos de branco.
  • Non se deben inflixir castigos corporais aos novos eclesiásticos, abades ou sacerdotes, agás en caso de falta grave.
  • Non se deben aceptar doazóns para os santos sacramentos, e os reitores das igrexas non deben pedir aos membros da súa parroquia que traballen nas súas propias granxas. En caso de facelo, deben indemnizar á igrexa polo dano feito.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]