Terceira Lei da Termodinámica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leis da termodinámica
0. Lei Cero da Termodinámica
1. Primeira Lei da Termodinámica
2. Segunda Lei da Termodinámica
3. Terceira Lei da Termodinámica


A terceira lei da lermodinámica estabelece que é imposíbel, por medio dun número finito de etapas (ou estados) atinxir a temperatura do cero absoluto (cero kelvin). Adoita, por isto, recibir tamén o nome de principio da inaccesibilidade do cero absoluto.

Esta lei entronca co principio de incerteza de Heisenberg, prohibindo do ponto de vista microscópico, o acadar o repouso absoluto das moléculas, átomos ou partículas que constitúen a materia.