Terauchi Masateke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Terauchi Masateke

Terauchi Masatake, en kanji 寺内 正毅, Terauchi é apelido e Masatake é nome, nado en Yamaguchi, prefectura de Yamaguchi, en 1852 e finado en 1919, foi un militar e político xaponés, primeiro ministro entre o 9 de outubro de 1916 e o 29 de setembro de 1918.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Loitou, como soldado, nas guerras civís xaponesas contra o goberno do shogún, perdeu a mobilidade na man dereita durante a campaña contra dos rebeldes de 1877. Destinado en Francia para ampliar a súa formación militar, en 1901 foi nomeado ministro do exército, contribuíndo á vitoria na Guerra Ruso-Xaponesa (1904-1905).

Como o terceiro Xeneral-Residente de Corea, el executou a anexión de Corea en 1910 e converteuse no seu primeiro Gobernador Xeneral. Durante a Primeira Guerra Mundial, foi nomeado primeiro ministro e enviou tropas xaponeses a Siberia para coutar a expansión da Revolución rusa á rexión.