Tera-

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tera (símbolo T) é un prefixo do Sistema Internacional de Unidades que denota un factor de 1012, ou 1 000 000 000 000.

Confirmado en 1960, ven do grego τέρας, significando monstro. Tamén pode ser ligado ao prefixo grego τετρα- significando catro; a coincidencia disto co feito do prefixo ser a cuarta potencia de 1000 serviu como modelo para os prefixos de ordes superiores, tales como peta, exa, zetta e yotta, todos os cales son formas distorsionadas do latín ou grego para as correspondentes potencias (de cinco a oito respectivamente) de 1000.

En informática tera- pode moitas veces significar 1 099 511 627 776 (240) en lugar de 1 000 000 000 000, especialmente no termo terabyte. Para evitar esta ambigüidade, o prefixo binario tebi- foi introducido de modo a representar 240, porén este, así como os outros prefixos binarios, aínda non é de uso xeral.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de tera-
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de T

Outros artigos[editar | editar a fonte]