Tequila (banda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tequila
OrixeMadrid, Comunidade de Madrid , España
Período19751983, 2008
Xénero(s)Pop, Rock
Selo(s) discográfico(s)Zafiro
MembrosAlejo Stivel
Ariel Rot
Julián Infante
Felipe Lipe
Manolo Iglesias
Na rede
www.vuelvetequila.com
Musicbrainz: 77e232fa-288b-43c6-8c2f-6af543b275f5 Songkick: 241378 Discogs: 1135705 Editar o valor em Wikidata

Tequila foi unha banda hispano-arxentina de rock fundada cara 1975. Foi unha das bandas míticas nos primeiros anos de democracia en España.

Membros[editar | editar a fonte]

* Alejo Stivel Voz
* Ariel Rot Guitarra
* Julián Infante Guitarra
* Felipe Lipe Baixo
* Manolo Iglesias Batería

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

* Matrícula de honor (1978)
* Rock and Roll (1979)
* Viva! Tequila! (1980)
* Confidencial (1981)

Historia[editar | editar a fonte]

Tequila xurdiu no contexto da Movida madrileña, rematado o franquismo, achegando un rock con influencias de artistas coma Chuck Berry e, sobre todo, The Rolling Stones, soando de xeito moi afastado dos entón puxantes acordes punk. Temas coma Salta (que soou por primeira vez no famoso concurso televisivo Un, dos, tres... responda otra vez), Quiero besarte ou Rock and Roll en la plaza de un pueblo, catapultaron os cinco membros de Tequila ao estrelato. Disolvéronse en 1982 entre outros motivos polas constantes discusións dos seus membros, xa enganchados á lacra daquela xeración: a heroína.

Trala disolución da banda, Ariel Rot e Julian Infante volverían xuntarse nos anos 90 para crea-lo tema Me vuelvo loco, cortina do programa arxentino Duro de domar, mentres que Alejo Stivel seguiría unha exitosa carreira coma produtor discográfico. Manolo Iglesias faleceu no 1994 e Julián Infante no 2000, ambos vítimas da SIDA.[1]

No 2008, os superviventes da banda volverán reunirse coma Tequila, fichando a tres músicos máis: Josu García, Daniel Griffin e Mauro Mieta. Realizarán unha xira veraniega e a discográfica Sony-BMG editará un disco e un DVD coas súas antigas actuacións en televisión.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]