Teorías da aprendizaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha clase en Noruega. A aprendizaxe tamén ten lugar en moitos outros lugares.

As teorías da aprendizaxe intentan describir rutas para que o proceso de aprendizaxe se poida realizar correctamente; son orientacións destinadas a facilitar a aprendizaxe de coñecementos, habilidades e actitudes. As teorías están relacionadas cos paradigmas científicos e son produto da evolución do coñecemento científico. As teorías de aprendizaxe poden influír sobre os modelos pedagóxicos nun proceso en constante evolución.[1][2]

En relación coas teorías de aprendizaxe, Reigeluth estableceu dúas categorías para entender mellor o concepto: teorías descritivas e prescritivas. A primeira categoría fai referencia a que a función dunha teoría é describir como a aprendizaxe ocorre como un fenómeno; as teorías prescritivas, en cambio, refírense ás orientacións que nos guían para proxectar actividades educativas.[3] Neste último caso, segundo Snelbecker, débese mencionar tamén que as teorías prescritivas se poden atopar coa limitación de que os contextos son tan diferentes que poida que non haxa ningunha teoría que sexa universal.[4]

Teorías[editar | editar a fonte]

As principais teorías de aprendizaxe son o condutismo, o cognitivismo e  o construtivismo. Hai pouco tempo tamén xurdiu a teoría da interacción simbólica e, máis recentemente, a do conectivismo.

Condutismo[editar | editar a fonte]

Esta teoría enfatiza o feito de que non nos podemos centrar nos procesos internos do individuo, xa que non temos suficientes recursos metodolóxicos que permitan un estudo rigoroso. Seguindo Watson, o obxectivo da psicoloxía debe ser o comportamento observable.[5]

Esta teoría céntrase na aprendizaxe asociativa, onde entran en xogo o estímulo, a resposta e as consecuencias desta. Pola contra, a teoría non ten en conta  as emocións, as expectativas nin as motivacións, nin tantas outras cousas que hoxe coñecemos e que tamén afectan o proceso de aprendizaxe. Xorde como resposta á psicoloxía centrada na conciencia, intimamente ligada aos métodos de introspección.

Cognitivismo[editar | editar a fonte]

Esta teoría de aprendizaxe está baseada principalmente nos procesos do axuste que se produce entre a información da que xa dispomos en forma de representacións mentais e unha realialidade máis complexa da que coñecemos. O cognitivismo afástase do obxecto de estudo do behaviorismo, o comportamento observable, e pon o foco nos procesos mentais. A aprendizaxe é vista como un proceso adaptativo ao ambiente.

Tras Rumelhart e Norman, fálase de tres procesos de aprendizaxe:[6]

  • Procesos de crecemento: cando atopamos e acumulamos información nova da que non dispuñamos ata o momento.
  • Procesos de axuste: cando se producen cambios nas estruturas porque os coñecementos dos que dispomos non son suficientes para interpretar a realidade.
  • Procesos de reestruturación: é o proceso máis complexo, porque fala de como cambia toda a árbore do coñecemento (o que era periférico, agora converteuse en central).

Estes procesos ocorren na interacción entre a persoa e o ambiente.

Construtivismo[editar | editar a fonte]

Esta teoría vai un paso máis aló do cognitivismo, afondando na reestruturación, que é entendida como un proceso. Seguindo a Piatget, o coñecemento recae sobre os mecanismos de asimilación e acomodación.[7]

  • Asimilación: as novas informacións son incorporadas nun esquema ou nunha estrutura que xa temos. Os estímulos son asimilados por estruturas que xa tiñamos anteriormente.
  • Adaptación: implica unha modificación das representacións mentais polas demandas do ambiente.

Interaccionismo simbólico[editar | editar a fonte]

Este termo refírese a unha corrente que vén da psicoloxía social e que subliña a importancia do significado e da interacción social cun papel activo da persoa. Nas relacións interpersoais, o coñecemento da persoa en cuestión tamén vén condicionado polo do seu grupo e a súa cultura.[8]

Conectivismo[editar | editar a fonte]

Siemens é o precursor desta teoría, que di que o coñecemento e a cognición son distribuídos a través de redes de persoas e de tecnoloxía. A aprendizaxe é o proceso de conexión, crecemento e navegación por esas redes.[9] A información pode residir fóra da persoa e a aprendizaxe enténdese como a arte de conectar nodos de información.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Torras, Eulalia. Aproximació conceptual a l'ensenyament i aprendizatge en línia. Universitat Oberta de Catalunya, 2015.
  2. Zapata-Ros, Miguel. "Teorías y modelos sobre el aprendizaje en entornos conectados y ubicuos. Bases para un nuevo modelo teórico a partir de una visión crítica del conectivismo”. En Teoría de la Educación. Educación y Cultura en la Sociedad de la Información. Vol. 16. Número 1. Abril de 2015. (En castelán)
  3. Reigeluth, C. M. "What is instructional-design theory and how is it changing?". En Reigeluth, C. M. Instructional-Design Theories and Models. Volume II: A New Paradigm of Instructional Theory. Nova Jersey. Lawrence Erlbaum, 1999. Páxinas 5-29. (En inglés)
  4. Snelbecker, G. E. "Some thoughts about theories, perfection, and instruction". En Reigeluth, C. M. Instructional-Design Theories and Models. Volume II: A New Paradigm of Instructional Theory. Nova Jersey. Lawrence Erlbaum, 1999. Páxinas 31-47. (En inglés)
  5. Pellón, R. «Watson,Skinner y algunas disputas dentro del conductismo». Revista Colombiana de Psicología. 2013. (En castelán)
  6. Rumelhart, D.; Norman, D. "Accretion, tuning and restructuring: Three modes of learning". En J.W. Cotton; R. Klatzky (eds.). Semantic Factors in Cognition. Hillsdale, NJ: Erlbaum. 1978. (En inglés)
  7. Piaget, J. The costruction of reality in the child. Volume 82. Rouledge. 2013. (En inglés)
  8. Blumer, H. El Interaccionismo simbólico, perspectiva y método. Barcelona. Hora D.L. 1982 (En castelán)
  9. Siemmens, G.; Tittemberger, P. Handbook of Emerging Technologies for Learning Arquivado 10 de agosto de 2017 en Wayback Machine.. Marzo de 2009. Páxina 11. (En inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]