Teoría dos dous demos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A teoría dos dous demos, usada habitualmente de xeito despetivo, é a concepción segundo a cal os actos de violencia e terrorismo perpetrados polas Forzas Armadas durante a guerra sucia na Arxentina son comparables ás accións das organizaciones guerrilleiras, como Montoneros e o Ejército Revolucionario del Pueblo. Para esta teoría as accións de cada bando non só afectaron ao que dicían combater, senon tamén a cidadáns que non facían uso da violencia.

Concepto[editar | editar a fonte]

De acordo coa teoría dos dous demos, a represión emprendida pola ditadura militar non pode ser analizada sen considerar tamén a actuación dos grupos de guerrilla urbana, que cometeron gran cantidade de asasinatos, tanto durante gobernos democraticamente elixidos (1973-1976) como durante a propia ditadura militar (1976-1983). Porén, algúns adeptos a esta idea recoñecen que o terrorismo de Estado é o mal maior, pues sitúa as vítimas en estado de completa indefensión. A seguinte frase de Ernesto Sábato no prólogo ao informe Nunca más é representativa de esta variante da teoría:

[...] a los delitos de los terroristas, las Fuerzas Armadas respondieron con un terrorismo infinitamente peor que el combatido, porque desde el 24 de marzo de 1976 contaron con el poderío y la impunidad del Estado absoluto, secuestrando, torturando y asesinando a miles de seres humanos.
Ernesto Sábato

Tras recordar que "durante la década de 1970 la Argentina fue convulsionada por un terror que provenía tanto desde la extrema derecha como de la extrema izquierda, fenómeno que ha ocurrido en muchos otros países", Sábato eloxia o xeito en que Italia fixo fronte dentro da lei a actividade de distintos grupos armados, en comparación coa resposta clandestina e ilegal que se executou na Arxentina durante os anos setenta. Na edición do ano 2006 do Nunca más incorporouse un novo prólogo que dalgún xeito se contrapón á posición expresada por Sábato, feito que orixinou un debate no que tomaron parte ex-membros da Comisión Nacional sobre la Desaparición de Personas, e que foi cuberto por algunhas fontes periodísticas[1].

A idea de que as formacións guerrilleiras debían ser contidas por medios legais en lugar de por medio da represión ilegal convive con algúns dos posicionamentos máis intransixentes respecto ao feito pola ditadura, como a do Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel, que nunca ten equiparado a represión clandestina coa actividade guerrilleira:

[...] No podemos dejar de señalar que en varios países del continente y en la Argentina había guerrillas. Estas deberían haber sido contenidas a través de las leyes vigentes y dentro del marco del estado de derecho.[2]

O Presidente Kirchner foi o responsable da modificación do Anexo do Libro "Nunca Mas"

[...] Eduardo Luis Duhalde dijo que la decisión de incorporar el prólogo no había sido consultada con ninguna organización. "Es la política que ha fijado el Presidente y no es susceptible de discusión con otros organismos", afirmó.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Controversia polo prólogo agregado ao Nunca más. Rexeitada a teoría dos dou demos. Diario La Nación, venres 19 de maio de 2006
  2. Adolfo Pérez Esquivel, en 30 años, suplemento especial do diario Página/12 do 21 de marzo de 2006, páxina V
  3. La Nacion do venres 19 de maio de 2006, Controversia polo prólogo agregado ao informe "Nunca más"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]