Teodoro II, papa de Alexandría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teodoro II
Papa da Igrexa Ortodoxa Copta
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1952 en Mansura
Ordes
Ordenación sacerdotal1989
Consagración episcopal15 de xuño de 1997
Elixido papa18 de novembro de 2012
Papa de Alexandría
18 de novembro de 2012 - actualidade
PredecesorXinuda III

Teodoro II (en copto: Ⲡⲁⲡⲁ Ⲁⲃⲃⲁ Ⲑⲉⲟ́ⲇⲱⲣⲟⲥ ⲃ̅ , tr. Papa Abba Theódōrōs II; en árabe: ‏البابا تواضروس الثاني‎, tr. al-Baba Tawadurus al-zani), nado en Mansura (Exipto) o 4 de novembro de 1952 é o 118º Papa de Alexandría da Igrexa Ortodoxa Copta, no cargo dende o 18 de novembro de 2012.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu como Waxih Subhi Baqi Sulaiman (وجيه صبحى باقى سليمان) o 4 de novembro de 1952 na cidade de Mansura, Exipto.[1] Estudou Farmacia na Universidade de Alexandría, graduándose en 1975.[1] Aos poucos anos de traballar nunha compañía farmacéutica, ingresou no mosteiro de san Pishoi de Wadi al Natrun, e foi ordenado sacerdote en 1989.

O 15 de xuño de 1997 foi consagrado bispo polo papa de Alexandría Xinuda III,[2] e tomou o nome de "Teodoro". Foi asignado á eparquía de Bihira.

Á morte de Xinuda III, estivo entre os tres candidatos para sucederlle, resultando elixido o 18 de novembro de 2012.

O 8 de maio de 2013 Teodoro II visitou no Vaticano ao papa Francisco; esta foi a segunda vez que un papa copto visitaba ao seu homólogo católico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Eglise de la Vierge Marie et Saint Mina, Marsella (Francia) (ed.). "Sa Sainteté le pape Tawadros II (Théodore II), pape d'Alexandrie" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 30-10-2013. Consultado o 22-09-2014. 
  2. Igrexa Ortodoxa Británica (ed.). "Bishop Tawadros chosen by the Sacred Lot to be 118th Pope" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2014.