Tenerife Club de Baloncesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tenerife Baloncesto
Competición Liga EBA
Fundado 1996
Cidade Flag of the Canary Islands.svg Santa Cruz de Tenerife
España España
Pavillón Pabellón Santiago Martín (5.500)
Cores                Azul, laranxa e branco
Historia Tenerife Club de Baloncesto
(dende 1996)
Presidente Francisco José Padrón Bencomo
Adestrador Jou Costa
Príncipe 1 (2000)
Patrocinador Tenerife
Sitio Web http://www.tenerifebaloncesto.com

O Tenerife Club de Baloncesto é un equipo de baloncesto da cidade de Santa Cruz de Tenerife, nas Illas Canarias (España). Xoga os seus partidos como local no Pabellón Santiago Martín, que conta cunha capacidade para 5.100 espectadores e que se encontra en La Laguna, unha instalación de nova creación que reúne tólos requerimentos pera asumir o reto de ascender e manterse na ACB.

Historia[editar | editar a fonte]

O Tenerife Baloncesto fundouse en 1996 pola fusión de varios equipos de Tenerife. Na tempada 1996-97 fundou xunto con outros equipos a Liga LEB, nesta primeira tempada desputou os seus partidos como local no pavillón Rios Tejera da cidade de San Cristóbal de la Laguna. Na súa segunda tempada o club mudouse ao Pavillón Municipal da capital tinerfeña, nesta tempada desputou o play-off de ascenso contra o CB Murcia, ascendendo finalmente o equipo murciano. En 1999 o equipo volveu desputar un play-off de ascenso, caendo nesta ocasión fronte ao Gijón Baloncesto. Na tempada 2002-03 proclamouse campión da Copa do Príncipe, e ao final desa mesma tempada ascendeu á Liga ACB. No 2005, logo de tres anos na máxima competición de baloncesto español, descendeu á Liga LEB. Na tempada 2006-07 competiu na LEB, finalizando a liga no posto 13 da clasificación, na seguinte tempada mantívose na LEB, finalizando no posto 14º. Na tempada 2007-08 quedouse a un partido de volver á ACB logo de perder o último partido da final a 4 desputada en Cáceres contra o Bruesa. Na seguinte tempada tamén loitou polo ascenso, caendo en semifinais contra o Melilla Baloncesto. Na tempada 2009-10 o equipo finalizou a liga na metade da táboa.

Actualmente o equipo xoga no grupo B da Liga EBA.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]