Tenericutes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tenericutes
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Tenericutes
Murray 1984[1]
Clase[2]

Mollicutes

Os Tenericutes son un filo de bacterias caracterizadas por non teren parede celular. Contén a clase Mollicutes (os micoplasmas), que noutras clasificacións está incluída no filo Firmicutes, pero que se separou formando un filo propio, o Tenericutes. O nome foi validado en 1984 como unha nova división (= filo) [3][4][5] e procede do latín tener cutis, "pel branda", referido aquí a superficie celular branda, xa que non teñen parede celular. Os xéneros máis notables que inclúe son Mycoplasma e Ureaplasma.

Véxase tamén: Mollicutes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Murray, R.G.E. (1984). "The higher taxa, or, a place for everything...?" pp. 31-34. In N.R. Krieg and J.G. Holt (eds.) Bergey's Manual of Systematic Bacteriology, vol. 1. The Williams & Wilkins Co., Baltimore.
  2. J.P. Euzéby. "Tenericutes". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. http://www.bacterio.cict.fr/classifphyla.html#Tenericutes. Consultado o 2008-09-11.
  3. Validation of the Publication of New Names and New Combinations ... Int. J. of Sust. Bact.; July 1984, p. 355-357
  4. "Tenericutes". Taxonomy Browser. NCBI. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?mode=Tree&id=544448. Consultado o 2008-09-11.
  5. Ludwig, W.; Schleifer, K.-H., and Whitman, W.B. (In press, release in 2009). "Revised road map to the phylum Firmicutes". In P. De Vos et al. (eds.) Bergey's Manual of Systematic Bacteriology, 2nd ed., vol. 3 (The Firmicutes). Springer-Verlag, New York. ISBN 0-387-95041-9 Revised Road Map to the Phylum Firmicutes