Templo de Artemisa en Éfeso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O lugar do Templo, en Éfeso, Turquía. Só hai restos e nada do templo orixinal.

O Templo de Artemisa ou aínda Templo de Diana é unha das sete marabillas do mundo antigo. Foi o maior templo do mundo antigo, e durante moito tempo o mais significante feito da civilización grega e a cultura helenística. Foi construído en tributo a Artemisa, a deusa grega da Caza e orotetora dos animais selvaxes e tamén irmá de Apolo. O Templo de Artemisa está situado en Éfeso (actualmente Turquía), que tornou o porto naval máis rico da Asia Menor.

Construción[editar | editar a fonte]

Este templo foi construído primeiramente no Século VI a.C., composto de 127 columnas de mármore, con 20 metros (60 pés) de altura cada unha. Douscentos anos mais tarde foi destruido por un grande incendio e re-erguido por Alexandre o Grande. Actualmente soamente unha solitaria columna dese magnífico templo se mantén, pois fora novamente destruido por terremotos e saqueadores.

O Templo de Artemisa foi erguido en 450 a.C. por Creso, rei da Lidia, na cidade de Éfeso (Epheseus), na Asia Menor (actual Turquía). Homenaxeaba a deusa dos bosques Artemisa, chamada Diana polos romanos. Os colonizadores gregos encontraron os habitantes da Asia cultuando unha deusa, a cal identificaron como Artemisa. Eles entón construíron un pequeno templo no cal foi reconstruído e aumentado moitas veces. Soamente na cuarta ampliación, o Templo foi incluído na lista das marabillas do mundo. O templo levou cerca de 120 anos para ser terminado. Medía 138 metros de comprimento, por 71,5 metros de largura, con columnas de 19,5 metros de altura e era famoso polas obras de arte, entre elas a escultura da deusa en ébano, ouro, prata e pedra preta. Foi destruído duas veces: a primeira em 356 a.C. (na noite do nacemento de Alexandre o Grande), nun incendio causado por un maníaco, Eróstrato; a segunda no século III a.C., por un ataque dos godos. Quedaron algunhas esculturas e obxectos, que hoxe están no Museo Británico, en Londres.

O Templo de Diana, imaxinado por Martin Heemskerck (1498 - 1574).


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

As maiores fontes de información histórica sobre o templo son: