Temotu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Provincia de Temotu nas Illas Salomón

Temotu é a provincia máis oriental das Illas Salomón. Antigamente chamábase provincia das illas Santa Cruz. Consiste en dúas cadeas de illas que van en paralelo unha da outra desde o noroeste ao sueste.

Ten unha superficie de 895 km² e 18.912 habitantes (1999).[1]

As illas ou grupos de illas que comprenden a provincia son:

Os habitantes da illa Santa Cruz son predominantemente melanesios, aínda que existen tres grupos de nativos papuanos nas illas Santa Cruz e Reef, mentres que os habitantes de Tikopia, Anuta, illas Duff e algúns das illas Reef son polinesios.

A capital provincial é Lata, na illa de Nendo, a maior e máis importante das illas Santa Cruz.

Notas[editar | editar a fonte]