Teleférico de l'Aiguille du Midi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 45°55′6″N 6°52′11″E / 45.91833°N 6.86972°E / 45.91833; 6.86972

L'Aiguille du Midi e a chegada do teleférico

O teleférico de l'Aiguille du Midi é un teleférico situado en Chamonix (Haute-Savoie, Francia) que permite alcanzar o cume da Aiguille du Midi (3.842 metros) nun tempo aproximado de vinte minutos. Está formado por dous tramos separados por un punto intermedio localizado no Plan-de-l'Aiguille, a 2.317 metros de altitud, y arrodeado polas Aiguilles de Chamonix. As cabinas funcionan durante doce horas, ascendendo entre 4.500 e 5.500 personas diariamente.

A liña actual inaugurouse en 1955, pero un primeiro teleférico, tamén coñecido como Aiguille du Midi, funcionou desde 1924 até 1950 sen chegar ao cume.

Características[editar | editar a fonte]

Saída da estación de Chamonix

Primeiro tramo

  • Lonxitude: 2.553 metros
  • Altitude de saída: 1.038 metros, en Chamonix
  • Altitude de chegada: 2.317 metros, no Plan-de-l'Aiguille
  • Desnivel: 1.279 metros
  • Capacidade: 5.040 kg (72 pasaxeiros)
  • Velocidade: 10 m/s

Segundo tramo

  • Lonxitude: 2.867 metros
  • Altitude de saída: 2.317 metros, no Plan-de-l'Aiguille
  • Altitude de chegada: 3.776 metros, en l'Aiguille du Midi
  • Desnivel: 1.470 metros
  • Capacidade: 4.620 kg (66 pasaxeiros)
  • Velocidade: 12,5 m/s

A partir do punto de chegada do teleférico, pódese ascender ata a punta de L'Aiguille du Midi por medio dun ascensor escavado na rocha.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]