Tel Arad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fotografía aérea da fortaleza de Tel Arad, ao fondo a zona baixa

Tel Arad é un sitio arqueolóxico próximo á moderna Arad, no deserto israelí do Neguev. Dividida en dúas partes diferencidas, a zona baixa primeiro habitada durante o calcolítico (-4000), e na que as escavacións descubriron un asentamento cananita da Idade de Bronce que estivo habitado ata -2650. Deshabitado durante 1500 anos, no século -XI formouse na zona alta un asentamento israelí. No tempo dos reis David e Salomón construíuse un gran complexo defensivo e sacro, coñecido como A Cidadela, destruída entre o -597 e o -577 mentres Xerusalén estaba situada polos babilónicos, a súa destrución non supuxo que Tel Arad quedase deshabitado, e de feito construíronse varias fortalezas durante o período persa e seguiu poboado ata que os romanos destruíron Xerusalén. No século VI os musulmáns reconstruíron a fortaleza pero no século IX veuse abaixo.