Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 32°04′50″N 34°46′50″E / 32.08056°N 34.78056°E / 32.08056; 34.78056
| Tel Aviv |
 |
 |
 |
| . |
| Situación xeográfica |
 |
| Estado: |
Israel |
| {{{división 1}}}: |
{{{nome división 1}}} |
| Xeografía |
| Altitude: |
msnm |
| Poboación |
| Poboación total: |
405 200 hab. (2012) |
| Información |
| Código postal: |
|
| Alcalde: |
Ron Huldai |
| Sitio na web: |
www.tel-aviv.gov.il |
Tel Aviv-Yafo (hebreo: תֵּל־אָבִיב-יָפוֹ; árabe: تَلْ أَبِيبْ يَافَا) é a segunda cidade máis poboada de Israel, e está localizada na costa do Mar Mediterráneo. Tamén forma a maior área metropolitana do estado de Israel, o chamado Gush Dan.
A densidade de poboacion é de 7.445 persoas por km². Dacordo coa Oficina Israelí de Estatísticas (CBS), en xuño do 2006, a poboación da cidade situabase nos 380.600 habitantes, cun crecemento anual do 0,9%. O 96,1% dos cidadáns son xudeus, mentres que o 3 % son árabes musulmáns e o 0,9 % son árabes cristiáns. Algunhas estimacións din que na cidade residen uns 50.000 traballadores ilegais.
Orixe do nome [editar]
O nome de Tel Aviv en Hebreo significa "Outeiro (tell|tel) da primavera (aviv)". Este é o nome dado por Nahum Sokolow para a tradución hebrea do libro de Theodor Herzl Altneuland ("A vella nova terra").
En Tel Aviv destacan varias institucións culturais como o Instituto Afro-asiático para Estudos de Traballo e Cooperación , a Orquestra Filharmónica de Israel, o Habimah, que é o Teatro Nacional de Israel, e o Museo de Tel Aviv. Destaca tamén a casa preservada en memoria de Haim Nachman Bialik, un recoñecido poeta nacional. Foi considerada Patrimonio Mundial no 2003.
Tel Aviv ten un clima mediterráneo con veráns quentes e húmidos, e invernos chuviosos. A temperatura media do verán é de 26 °C e no inverno é de 12 °C. A humidade tende a ser alta durante todo o ano, especialmente entre os meses de outubro e abril, a estación húmida. A media de precipitacións é de 530 milimetros. No inverno a temperatura pode caer unha ou dúas veces a 6 °C polas mañás. A temperatura tamén pode chegar aos 35 °C durante as vagas de calor.
Alcaldes da cidade [editar]
Cidades irmás [editar]
Galería de imaxes [editar]
| Imaxes de Tel Aviv |
|
|
|
Escultura do Polbo, praia
|
|
|
|
Minarete e escultura, praia
|
|
|
|
Museo da Diáspora, acceso superior
|
|
|
|
Museo da Diáspora, acceso posterior
|
|
|
|
Tel Aviv, edificio Isrotel
|
|
|
|
Universidade de Tel Aviv, Centro do programa preparatorio
|
|
|
|
Colexio Académico de Educación de Achva
|
|
|
|
Fonte do Zodiaco, Yafo-Tel Aviv
|
|
|
|
Torre do reloxio, Yafo-Tel Aviv
|
|
|
|
Grande Sinagoga de Tel Aviv
|
|
|
|
Centro educativo do Museo de Arte
|
|
Véxase tamén [editar]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ligazóns externas [editar]