Telésforo, papa
Telésforo, nado probablemente en Terranova da Sibari e falecido seguramente en Roma en 136, foi bispo cristián de Roma entre 126 e 136[1] ou quizais 138[2].
Índice |
[editar] Vida e pontificado
Aínda que, como ao resto dos primeiros papas, pouco se sabe da súa vida, crese que a súa familia era grega, e que antes de chegar a Roma viviu como ermitán en diversos lugares, entre eles o Monte Carmelo e por iso é recoñecido pola Orde carmelita entre os seus santos. Debeu comezar como papa en tempos de Hadrián e rematar baixo o imperio de Antonino Pío.
O Liber pontificalis afirma que Teléforo foi o instituidor da misa do galo na medianoite do Nadal, que compuxo o canto Gloria in excelsis Deo, que fixou que a Pascua tiña que celebrarse en domingo e que ademais implantou as normas sobre o xexún na Coresma. Debeu combatir as herexías gnósticas.
[editar] Morte e santidade
Como todos os papas romanos anteriores ao Edicto de Milán foi considerado santo. Telésforo é o primeiro que no catálogo papal elaborado por Ireneo de Lión aparece sinalado como mártir, feito que despois repite Eusebio de Cesarea, pero é moi posíbel que se producise unha confusión entre el e outro romano de nome Telésforo asasinado nas persecucións alentadas polo emperador romano Hadrián. Foi soterrado na basílica de san Pedro.
O seu martirio celébrao a Igrexa católica o 5 de xaneiro e a Igrexa Ortodoxa o 22 de febreiro.
[editar] Parroquias galegas
Non hai ningunha parroquia galega baixo a avogación de san Telésforo.
[editar] Notas
|
||||||||