Teide 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Teide 1
Data de observación
Época X2000.0      Equinoccio X2000.0
Constelación Taurus
Ascensión Recta 3h 47m 18.0s
Declinación +24° 22′ 31″
Magnitude Aparente (V) 17.76
Características
Tipo Espectral M8
U-B índice de cor ?
B-V índice de cor ?
V-R índice de cor ?
R-I índice de cor ?
Tipo de Variable ?
Astrometría
Velocidade Radial (Rv) ? km/s
Movemento Propio (μ) RA: ? msa/ano
Dec.: ? msa/ano
Paralaxe (π) 8.40 ± ? msa
Distancia 400 al
(120 pc)
Magnitude Absoluta (MV) 12.38
Detalles
Masa 0.052 M
raio 0.22 R
Gravidade superficial (log g) 6.6
Luminosidade 0.001 L
Temperatura 2200 K
Metalicidade ?
Rotación ?
Idade 120 millóns de anos

Teide 1 é unha estrela anana marrón, a primeira en ser verificada no 1995. Esta anana marrón está localizada no cúmulo estelar aberto das Pléiades, aproximadamente a uns 400 anos luz da Terra.

Características [editar]

A magnitude aparente deste deslucido obxecto é de 17.76, tan pouco brillante é que só é posible velo a través dun telescopio. Se estivese a uns 10 parsecs do noso planeta, amosaríase 70 veces máis brillante (magnitude absoluta 12.38) que se estivese a unha distancia duns 120 parsecs.

Este obxecto é máis masivo cós planetas (55 MX), pero menos masivo cás estrela (0.052 MS). Os radios das ananas marrón van do dobre do radio de Xúpiter a unha quinta parte do radio solar. A súa temperatura superficial é só de 2200 K, o cal é menos da metade da do noso Sol. A súa luminosidade é 0.1% cá do noso Sol, quere isto dicir ca radiación emitida polo noso Sol en catro horas é equivalente a emitida por Teide 1 en máis ou menos seis meses. A súa idade é só duns 120 millóns de anos (ou 3.8 petasegundos) o cal é só o 3% da idade na nosa estrela.

Esta anana marrón está o suficientemente quente para fusionar litio no seu núcleo, pero non o suficiente para fusionar hidróxeno coma no caso do noso Sol.

É improbable que poida soportar ningún tipo de vida en potenciais planetas que puidese ter orbitando ó seu redor xa que é moi pouco luminosa e bastante fría. De feito, Teide 1 terá unha temperatura do redor de 1700 K nuns 1.000 millóns de anos.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]