Teia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Teia (falecido o 552 ou 553), tamén coñecido como Teza, Theia, Thila, Thela ou Teias, foi o último rei ostrogodo en Italia.

Teia era un oficial que serviu baixo o mando de Tótila e foi elixido o seu sucesor cando este foi derrotado na batalla de Tagina (tamén coñecida como batalla de Busta Gallorum.)

No seu camiño cara ao sur de Italia, conseguiu o apoio de prominentes figuras no exército de Tótila - como Scipuar, Gundulf (Indulf), Gibal e Ragnaris - para facer o seu último ataque contra o xeneral bizantino Narsés na batalla de Mons Lactarius, ao sur de Nápoles, en outubro do 553. O exército ostrogodo volveu ser derrotado. Teia foi morto, o seu irmán Alixerno rendeuse, Scipuar e Gibal probabelmente caeron. Gundulf e Ragnaris escaparon do campo; este último foi mortalmente ferido logo dunha tentativa de asasinato por axentes de Narsés.

Con esta derrota terminou a resistencia organizada dos ostrogodos. Aínda que o último nobre ostrogodo, Widhin, se rebelou ao norte de Italia no ano 550 e foi capturado no 561 ou 562, os ostrogodos desapareceron na escuridade.