Teglatfalasar I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Teglatfalasar, tamén coñecido como Tiglatpileser I, foi rei de Asiria dende 1112 a 1074. Fillo de Ashur-resh-ishi I, pode ser considerado como o fundador do Imperio Asirio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cultivou unha política de terror co fin de ser temido polos seus súbditos e os seus inimigos. Venceu a arameos e especialmente a Mushki. Dominou dende o Mar Negro ata o Mediterráneo, subxugando a cidades e pobos na Capadocia, Cilicia, Malatia, Armenia, Siria e conquistando Fenicia. Mediuse con Nabuconodosor I de Babilonia, a quen mantivo en xaque, e reduciu os seus territorios. Titulouse rei de Sumer e Acadia.

A el atribúeselle a construción do templo de Assur e Haddad.

Sucedeulle Asharid-apal-ekur