Teemu Sippo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeemu Sippo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Lahti, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Bispo Católico de Helsinque (pt) Traducir
16 de xuño de 2009 – 20 de maio de 2019
← Józef WróbelRamón Goyarrola Belda (pt) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Freiburg im Breisgau Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2009–), sacerdote católico (1977–) Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaSacerdotes do Sagrado Corazón de Xesús Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónKarl Lehmann Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

Teemu Jyrki Juhani Sippo, nado o 20 de maio de 1947 en Lahti (Finlandia), é un bispo católico latino de Finlandia, bispo de Helsinqui entre 2009 e 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Monseñor Sippo naceu en 1947 nunha familia luterana, na vila finlandesa de Lahti. En 1966 converteuse ao catolicismo, e o 11 de outubro de 1970 profesou os votos solemnes na congregación dos Sacerdotes do Sagrado Corazón de Xesús. O 28 de maio de 1977 foi ordenado sacerdote.

O 16 de xuño de 2009 o papa Bieito XVI nomeouno bispo de Helsinqui, recibindo a consagración episcopal o 5 de setembro de 2009 do cardeal Karl Lehmann. É o primeiro bispo católico finlandés dende a morte de Arvid Kurck (1522), antes da reforma protestante.[1]

O 19 de marzo de 2016 fundou a parroquia de San Xosé de Kuopio,[2] nun templo anteriormente propiedade da Igrexa luterana evanxélica de Finlandia; Kuopio é a sé do arcebispo de Carelia, e as relacións entre as comunidades católica e ortodoxa son boas: os católicos celebraban misa unha vez ao mes nun espazo cedido polo arcebispo Leo Makkonen.[3]

O 20 de maio de 2019 o papa Francisco aceptou a súa renuncia á sé.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "First Finnish Catholic Bishop in Five Centuries Ordained". Yle Uutiset (en inglés). 5 de setembro de 2009. 
  2. "Finland gets 8th Catholic Parish". Katolinen.net (en inglés). 20 de marzo de 2016. 
  3. Carosa, Alberto (3 de febreiro de 2014). "Bp. Sippo confirms new Catholic church opening in May in Kuopio, in Eastern Finland". The Catholic World Report (en inglés). 
  4. "Rinunce e nomine". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0432). 20 de maio de 2019. Il Santo Padre Francesco ha accettato la rinuncia di S.E. Mons. Teemu Sippo, S.C.I., all’ufficio di Vescovo di Helsinki 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]