Ted Cassidy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Theodore Crawford Cassidy, máis coñecido por Ted Cassidy, nado en Pittsburgh (Pennsylvania) o 31 de xullo de 1932 e finado nos Ánxeles o 16 de xaneiro de 1979, foi un actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Persoa moi alta, de 2 metros e 6 centímetros, normalmente interpretaba personaxes pouco correntes en series de ficción científica ou fantásticas como Star Trek and I Dream of Jeannie, sobre todo é coñecido pola interpretación de Lurch, o mordomo, na serie de televisión da década de 1960 The Addams Family e por realizar a narración de apertura da serie da década de 1970 The Incredible Hulk (serie de televisión). Tamén prestou a súa voz para series de animación como The New Adventures of Huckleberry Finn e Fantastic Four. No cine participou en Butch Cassidy and the Sundance Kid ou en Mackenna's Gold.