Tecnoloxías da información e a comunicación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre de telecomunicacións de Collserola

As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC ou NTIC por novas tecnoloxías da información e da comunicación ou IT para «Information Technology») agrupan os elementos e as técnicas empregadas no tratamento e na transmisión das informacións, principalmente da informática, internet e as telecomunicacións. Por extensión, designan o sector de actividade económica.

"As tecnoloxías da información e da comunicación non son ningunha panacea nin fórmula máxica, pero poden mellorar a vida de todos os habitantes do planeta. Dispoñen de ferramentas para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, de instrumentos que farán avanzar a causa da liberdade e da democracia, e dos medios necesarios para propagar os coñecementos e facilitar a comprensión mútua"
Kofi Annan, Secretario xeral da ONU, discurso inaugural da primeira fase da WSIS, Xenebra 2003[1]

O emprego das tecnoloxías da información e da comunicación entre os habitantes dunha poboación axuda a diminuír o baleiro dixital existente nesta localidade, xa que aumentaría o conglomerado de usuarios que empregan as TIC como un medio tecnolóxico para o desenvolvemento das súas actividades e por isto se reduce o conxunto de persoas que non as utilizan.

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.