Tecido linfoide asociado ao intestino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o encima galactosa-1-fosfato uridiltransferase ver GALT (encima).

O tecido linfoide asociado ao intestino ou GALT (do inglés gut-associated lymphoid tissue) é unha denominación que frecuentemente se lle dá ao tecido inmunitario do tracto gastrointestinal[1] Protexe o corpo dunha invasión microbiana procedente do intestino. O GALT é un exemplo de tecido linfoide asociado ás mucosas (MALT).

Estrutura[editar | editar a fonte]

O tecido linfoide do tracto gastrointestinal comprende os seguintes elementos:

Función[editar | editar a fonte]

O tracto dixestivo é un importante compoñente do sistema inmunitario do corpo. De feito, o intestino posúe a maior masa de tecido linfoide do corpo humano.[2] O GALT está constituído por varios tipos de tecido linfoide que almacena células inmunitarias, como linfocitos T e B, que nos defenden dos patóxenos.

Novas investigacións indican que o GALT pode seguir sendo un sitio importante de actividade do VIH, mesmo despois de que os tratamentos reduzan moito o reconto de VIH no sangue periférico.[3][4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Janeway, CA Jr.; et al. (2001). "The mucosal immune system". Immunobiology. New York: Garland Science. 10-13. ISBN 0-8153-3642-X. 
  2. Salminen S, Bouley C, Boutron-Ruault MC; et al. (1998). "Functional food science and gastrointestinal physiology and function". British Journal of Nutrition 80 (S1): S147–S171. doi:10.1079/BJN19980108. 
  3. Moraima Guadalupe,1 Sumathi Sankaran,1 Michael D. George,1 Elizabeth Reay,1 David Verhoeven,1 Barbara L. Shacklett,1 Jason Flamm,4 Jacob Wegelin,3 Thomas Prindiville,2 and Satya Dandekar. Viral Suppression and Immune Restoration in the Gastrointestinal Mucosa of HIV Type 1-Infected Patients Initiating Therapy during Primary or Chronic Infection Journal of Virology, August 2006, p. 8236-8247, Vol. 80, No. 16
  4. Anton PA, Mitsuyasu RT, Deeks SG, Scadden DT, Wagner B, Huang C, Macken C, Richman DD, Christopherson C, Borellini F, Lazar R, Hege KM. Multiple measures of HIV burden in blood and tissue are correlated with each other but not with clinical parameters in aviremic subjects. AIDS. 2003 Jan 3;17(1):53-63.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]