Tecido linfoide asociado ás mucosas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O tecido linfoide asociado ás mucosas ou MALT (do inglés mucosa-associated lymphoid tissue) (tamén chamado tecido linfático asociado ás mucosas) é o formado polas pequenas concentracións de tecido linfoide que se encontran en diversos sitios do corpo humano, como o tracto gastrointestinal, tiroide, glándula mamaria, pulmóns, glándulas salivares, ollo, e pel. O MALT está poboado de linfocitos como células T e B, e de células plasmáticas e macrófagos, cada un dos cales está situado alí para encontrarse facilmente cos antíxenos que pasan polo epitelio mucoso. No caso do MALT intestinal, as células M están tamén presentes, as cales recollen o antíxeno do lume intestinal e entrégano ao tecido linfoide.

Compoñentes[editar | editar a fonte]

Para denominar os compoñentes do MALT utilízanse xeralmente os seguintes termos:

  • GALT (tecido linfoide asociado ao intestino). Por exemplo, as placas de Peyer son compoñentes do GALT que se encontran na mucosa que tapiza o interior do intestino delgado.
  • BALT (tecido linfoide asociado aos bronquios).
  • NALT (tecido linfoide asociado ás fosas nasais).
  • CALT (tecido linfoide asociado á conxuntiva)[1]
  • O-MALT (tecido linfático asociado ás mucosas organizadas); especificamente, as tonsilas do anel de Waldeyer son O-MALT.[2]
  • D-MALT (tecido linfático asociado a mucosas dufusas); é un MALT que non está organizado como unha masa separada identificable na anatomía macroscópica, a diferenza do antes mencionado O-MALT.

Papel en enfermidades[editar | editar a fonte]

O MALT xoga un papel importante na regulación da inmunidade das mucosas. Pode ser o sitio onde se orixinan linfomas, xeralmente o linfoma non Hodgkin. Un tipo específico é o linfoma MALT ligado á bacteria estomacal Helicobacter pylori.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hong Liang, Christophe Baudouin, Antoine Labbe, Luisa Riancho, Françoise Brignole-Baudouin. Conjunctiva-Associated Lymphoid Tissue (CALT) Reactions to Antiglaucoma Prostaglandins with or without BAK-Preservative in Rabbit Acute Toxicity Study. PLoS One. 2012; 7(3): e33913. Published online 2012 March 19. doi: 10.1371/journal.pone.0033913
  2. Gray's Anatomy, 38ed. p. 1442 ff.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]