Gran Teatro La Fenice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Teatro la Fenice»)

Coordenadas: 45°26′01″N 12°20′02″L / 45.4337, 12.3339

Gran Teatro La Fenice
Fachada do teatro.
Fachada do teatro.
CidadeVenecia
PaísItalia Italia
Arquitecto/sGian Antonio Selva
Capacidade1.000
Inauguración16 de maio de 1792
Reapertura12 de novembro de 2003
Páxina webhttp://www.teatrolafenice.it/
Interior de La Fenice no 2005.

O Gran Teatro La Fenice ou simplemente La Fenice (o fénix) é un dos teatros de ópera máis famosos do mundo. Atópase na cidade de Venecia (Italia) e nel foron estreadas algunhas das óperas italianas máis famosas. O teatro foi destruído várias veces e reedificado, actualmente é a sede dunha importante tempada operística e do festival internacional de música contemporánea.

Historia[editar | editar a fonte]

La Fenice foi construído rapidamente, en pouco máis dun ano, sendo inaugurado o 16 de maio de 1792 coa ópera de Giovanni Paisiello I giochi di Agrigento.

O 13 de decembro de 1836 foi destruído por un incendio, sendo reconstruído en seguida repetindo o proxecto orixinal. Tras cen anos, en 1937 foi restaurado por Eugenio Miozzi.

O 29 de xaneiro de 1996 ocorreu a outra grande traxedia cando outro lume provocado o destruíu por completo, este lume fora provocado polo electricista Enrico Carella na tentativa de evitar problemas contractuais por unha dilación no servizo que lle fora encomendado. Logo de oito anos de obras, o 14 de decembro do 2003 reinaugurouse cun concerto dirixido por Riccardo Muti.

Prime assolute[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]