Te Deum (Charpentier)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Te Deum é un motete polifónico (H. 146) en re maior composto por Marc-Antoine Charpentier, probablemente entre 1688 e 1698, durante a súa estadía na igrexa xesuíta de Saint-Louis en París, onde ocupou o cargo de director musical.[1] A obra está escrita para un grupo de solistas, coro e acompañamento instrumental.

A obra[editar | editar a fonte]

Charpentier escribiu ata seis configuracións distintas para o seu Te Deum, aínda que só se conservan catro delas[1]. Crese que a composición interpretouse por primeira vez durante as festas de celebración da vitoria na batalla de Steinkirk en agosto do 1692. O preludio á obra é moi coñecido por ser a sintonía empregada pola Unión Europea de Radiodifusión. O tema tamén aparece na introdución do filme A Olimpíada de Bud Greenspan.

Estrutura[editar | editar a fonte]

A obra consta das seguintes partes:

  • Prélude
  • Te Deum laudamus
  • Te aeternum Patrem
  • Pleni sunt coeli et terra
  • Te per orbem terrarum
  • Tu devicto mortis aculeo
  • Te ergo quaesumus
  • Aeterna fac sum Sanctis tuis
  • Dignare, Domine
  • Fiat misericordia tua
  • In te, Domine, speravi

Charpentier consideraba a tonalidade de re maior como "brillante e moi marcial"[1]. A introdución instrumental, composta en forma de rondó, precede ó primeiro verso, a cargo do baixo solista. O coro e o resto de solistas van incorporándose gradualtmente. Charpentier aparentemente tratou de orquestar a obra de acordo á exégesis tradicional do texto en Latín. O coro por tanto predomina na primeira parte (versos 1-10, alabanza a Deus, dimensión celestial), e os solistas individuais na segunda parte (versos 10-20, sección Cristolóxica, dimensión seglar). Nos segintes versos, 21-25, alternanse tanto os solistas como o coro, e o verso final é unha fuga a grande escala escrita para o coro, cun pequeno trío no medio.[1].

Orquestración[editar | editar a fonte]

A composición está orquestrada para oito solistas e un coro, acompañados dun conxunto instrumental dun violín, dúas violas, contrabaixo, frauta, óboe, e fagot. O baixo continuo déixase a cargo dun órgano e pode usarse de apoio unha viola da gamba.[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Te Deum (H. 146). Vocal score. ISMN M-0006-52543-0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Te Deum en formato mp3.