Taylor Hawkins and The Coattail Riders
| Taylor Hawkins & The Coattail Riders | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | California, Estados Unidos, Estados Unidos |
| Período | 2004 - presente |
| Xénero(s) | Rock alternativo |
| Selo(s) discográfico(s) | Thrive |
| Membros | Taylor Hawkins Chris Chaney Gannin |
| Antigos membros | |
| Web oficial | http://www.taylorhawkins.com/ |
Taylor Hawkins & The Coattail Riders é unha banda fundada por Taylor Hawkins, actual batería de Foo Fighters. Hawkins é o batería e o cantante do trío. Os outros membros son Chris Chaney ao baixo, e Gannin á guitarra. Chaney e Hawkins xa traballaran antes xuntos, no tour Sexual Chocolate de Alanis Morrisette.
Índice |
Historia [editar]
O proxecto comezou cando Taylor Hawkins comezou a gravar algunhas cancións no estudo de Drew Hester, antigo membro de Foo Fighters, e gran amigo de Hawkins. De aí saíu a intención de formar unha banda con Hawkins á voz.
Álbum de estrea [editar]
O 21 de marzo do 2006, a banda publicou o seu primeiro disco, chamado Taylor Hawkins and The Coattail Riders. Contén 11 cancións, gravadas no ano 2004, antes de que os Foo Fighters gravaran ''In your Honor. O seu primeiro videoclip oficial foi o da canción "Louise", a primeira do disco.