Taxiquistán - Тоҷикистон

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ҷумҳурии Тоҷикистон
Jumhuríi Tojikistón
/dʒumhɪɪ todʒɪkɪsˈton/
República do Taxiquistán
Bandeira do Taxiquistán Escudo do Taxiquistán
Bandeira Escudo
Lema: non ten
Himno nacional: Surudi Milli
 
LocationTajikistan.svg
 
Capital
 • Poboación
Dushanbe
536.000 (2000)
Cidade máis poboada Dushanbe
Linguas oficiais
Taxico

Forma de goberno República
Emomali Rajmonov
Okil Okilov
Independencia

 • Declarada
da
Unión Soviética
9 de setembro de 1991
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 92º
143.100 km²
0.3
n/d km
non ten km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 100º
7.627.200 (2011[1])
51 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 145º
US$ 8.810 mill.
US$ 1.200. (204º)
IDH n/d
Moeda Somoni (TJS, TSO)
Xentilicio Taxico, -a
Fuso horario UTC +5
Dominio de Internet .tj
Prefixo telefónico +992
Prefixo radiofónico EYA-EYZ
Código ISO 762 / TJK / TJ
Membro de: ONU, OSCE, CEI, OCS
Tódolos países do mundo

Taxiquistán (Тоҷикистон) é un país de Asia Central. Tén fronteiras con Afganistán, a China, o Quirguicistán (ou Quirguicia) e o Uzbequistán (ou Uzbequia). É o único país da ex Unión Soviética que fala unha lingua non turca, senón taxico, que é unha lingua irania, que xunto co persa moderno e o darí, derivan do persa medio.

Índice

Historia [editar]

Política [editar]

O parlamento está constituído por dúas cámaras:

División Administrativa [editar]

Provincias do Taxiquistán

O Taxikistán está dividido en tres provincias (вилоят viloiat /vilo'jat/, plural вилоятҳо viloiatgho /vilo'jatxo/) e máis unha provincia autónoma (вилояти мухтор viloiati mughtor /vilo'jati mux'tor/) :

  1. Provincia de Sogdiana Вилояти Суғд, número 1 no mapa, capital Ghuxand Хушанд (Xushand).
  2. Duxanbé Душанбе e Distrito Subordinado da República Ноҳияҳои тобеи Жумҳурӣ (Nohiyahoi tobei Jumhurii), número 2 no mapa, capital Duxanbé.
  3. Provincia de Ghatlón Вилояти Хатлон (Xatlon), no mapa número 3, capital Curgonteppá Қурғонтеппа (Qurghonteppa).
  4. Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso Вилояти Мухтори Куҳистони Бадахшон (Viloyáti Muxtori Kuhistoni Badaxshón), no mapa número 4, capital Ghorug Хоруғ (Xorugh).

Nota : a cada provincia séguelle o nome do seu centro administrativo entre parénteses.

A rexión que contén a capital Duxanbé é independente a nivel administrativo, non ten estatuto de provincia pero si un sistema similar.

Cada provincia está dividida en distritos (ноҳия nohiia /,no'hija/, en plural ноҳияҳо nohiiaho /,no'hijaho/)e á súa vez subdivididos en жамоат xamoatos (que equivalen ás nosas "parroquias"), e logo en vilas.

Xeografía [editar]

Mapa do Taxikistán
Vista satélite do Taxiquistán

Economía [editar]

Artigo principal: Economía de Taxiquistán.

O Taxiquistán é o país máis pobre da ex-Unión Soviética (URSS) e así mesmo un dos máis pobres do mundo. As fontes de ingresos, ligadas á exportación do algodón e do aluminio, son precarias e fan a economía vulnerable aos mercados exteriores.

No 2000, a axuda internacional era esencial para soster os programas de rehabilitación, onde se comeza a reintegrar aos antigos combatentes da guerra civil dentro da sociedade. A axuda internacional ten igualmente sido necesaria para limitar a queda da produción de alimentos, consecuencia dun segundo ano de seca. Mais en agosto do 2001, a Cruz Vermella anunciou o comezo da fame no Taxiquistán, e apelou á axuda internacional.

Demografía [editar]

Evolución da demografía entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.


Tajik children
Old bearded man from Tajikistan.jpg

O principal grupo étnico do Taxiquistán é o taxico, con minorías tales coma os uzbecos e quirguices, e unha pequena minoría en retroceso de rusos. Dado que non todo o mundo en Taxiquistán é taxico, aos cidadáns non taxicos se lles chama taxiquistanos. A xentilicio de calquera persoa do Taxiquistán é taxiquistano, mentras que o grupo étnico maioritario taxico chámanse a si mesmos taxico (tajikí).

Os actuais taxicos son un pobo iranio, concretamente descenden dos antigos pobos iranios orientais de Asia Central, tales coma os sogdianos e os bactrios, cunha mestura de iranios occidentais (Persas) así coma pobos non iranios.[2]

Historicamente, o Taxiquistán e Uzbequia (Xanato de Buxara) foron patria dos xudeus buxorís, que remontan a súa ascendencia ás Tribos Perdidas de Israel abandonan o cativerio dos babilonios no século VII d.C., pero non quedan apenas moitos xudeo-buxorís no Taxiquistán.

Taxiquistán: Poboación rural e poboación total 1958-2005 (millóns). State Statistical Committee, Dushanbe, estadísticas de varios anos.

Estrutura poboacional [editar]

Informacións de CIA factbook excepto cando indicado.

Pobiación: 6.863.752 (est. xullo 2003 est.)

Estructura etaria:
0-14 anos: 39.8% (male 1,376,244; female 1,353,108)
15-64 anos: 55.5% (male 1,896,509; female 1,915,334)
65 anos o máis: 4.7% (male 140,993; female 181,564) (2003 est.)

Taxa de crecemento da poboación: 1.895% (2007 est.)

Birth rate: 27.33 births/1,000 population (2007 est.)

Death rate: 7.05 deaths/1,000 population (2007 est.)

Net migration rate: -1.33 migrant(s)/1,000 population (2007 est.)

Sex ratio:
at birth: 1.05 male(s)/female
under 15 years: 1.02 male(s)/female
15-64 years: 0.99 male(s)/female
65 years and over: 0.78 male(s)/female
total population: 0.99 male(s)/female (2003 est.)

Infant mortality rate:
total: 113.43 deaths/1,000 live births
female: 99.63 deaths/1,000 live births (2003 est.)
male: 126.58 deaths/1,000 live births

Life expectancy at birth:
total population: 64.37 years
male: 61.39 years
female: 67.5 years (2003 est.)

Total fertility rate: 4.17 children born/woman (2003 est.)

Grupos étnicos [editar]

Xoves mulleres taxicas
Anciá taxica (2007).
Un estudioso de relixión do Taxiquistán (2005).

Os taxicos representan un 79.9%, os usbecos un 15.3%, os rusos un 1.1% (en grande retroceso debido a emigración o retorno a nai patria), os quirguices un 1.1% (tamén en retroceso, moitos prefiren asentarse en Quirguicia) outros (incluíndo os xudeus de Buxara e os alemáns do Volga) un 2.6% (segundo a censo de poboación do ano 2000).

Cadro étnico segundo os censos de poboación dende 1926 ata 2000 (en miles) [3]
Nota: Dentro da categoría de taxicos tamén se inclúen aproximadamente 135.000 Pamires (dos que un 65% son xugnís, un 13% rushanís, un 12% vaghís, un 5% bartanguís, un 3% iazgulomís, un 1.5% hufís, e un 0.8% ixcaximís) e uns 5.000 iagnobís. Os taxicos excluíndo os pobos do Pamir e os iagnobís conforman un 77.6% da poboación de acordo co censo de 2000.

Ano 1926 1937 1939 1959 1970 1979 1989 2000
Poboación total 827,2 1383,5 1484,4 1980,5 2899,6 3806,2 5092,6 6127,5
Taxicos 619,0 840,6 884,0 1051,2 1629,9 2237,0 3172,4 4898,4
Usbecos e outros pobos túrquicos 176,4 332,3 359,6 455,0 665,7 873,2 1197,8 1012,5
Dos cales: Lakai 51,0
::Kongrat 15,1
::Katagan 4,9
::Barlos 3,7
::Yuz 1,1
Rusos 5,6 114,9 134,9 262,6 344,1 395,1 388,5 68,2
Quirguiz 11,4 26,4 28,0 25,7 35,5 48,4 63,8 65,5
Turcomanos 4,1 3,2 4,0 7,1 11,0 14,0 20,5 20,3
Tártaros 1,0 16,6 18,3 56,9 70,8 79,5 79,4 19,0
Dos cales: Tártaros de Crimea 7,2 0,1
Árabes 3,3 2,3 2,3 0,3 14,5
Afganos 0,7 1,0 0,55 2,1 4,7
Romanís 0,19 1,2 1,6 1,8 4,3
Ucraínos 1,1 12,5 17,4 26,9 31,7 35,8 41,4 3,8
Coreanos 0,04 2,4 8,5 11,2 13,4 1,7
Alemáns 0,06 2,0 32,6 37,7 38,9 32,7 1,1
Armenios 0,17 1,3 2,9 3,8 4,9 5,7 1,0
Irianos (Osetos) 0,15 1,7 4,5 5,8 7,7 7,9 1,0
Cazacos 1,6 12,4 12,7 12,6 8,3 9,6 11,4 0,9
Baxquirios 0,17 1,4 3,9 4,8 6,1 6,8 0,9
Azerbaixano 1,6 2,2 3,6 0,8
turcos 0,004 0,1 0,8 0,7
Bielorrusos 0,06 1,0 2,8 4,0 5,1 7,2 0,5
Moldavos 0,003 0,04 0,4 0,6 0,9 0,3
Mordvíns 0,18 4,8 6,7 7,0 6,5 5,5 0,3
Xudeus 0,2 5,2 12,4 14,6 14,7 14,8 0,2
Dos que: Xudeus de Buxara 0,08 0,8 6,2 4,9 0,02
Chuvaxos 0,02 0,5 1,7 2,5 0,2
Xeorxianos 0,03 0,4 0,7 0,8 1,0 0,2
Laks 0,05 0,9 1,4 0,14
Polacos 0,07 0,6 0,7 0,07
Búlgaros 0,04 1,1 0,07
Outros 1,3 2,3 7,2 6,3
Nationalidade non especificada 0,4 0,1 0,05 0,01

Relixións [editar]

Son Musulmáns nun 90% - 97% (a maioría Islam suní e seguida polo Islam xí), os cristianos son un 2.5% (a maioría cristiano ortodoxos), o resto un 0.5% (incluíndo zoroastrismo, Bahá'í, Budismo, Hare Krishna, Xudaísmo, etc) [4][5][6]

Linguas [editar]

O taxico é a lingua oficial,[7] o ruso é usado en negocios e polo goberno, pero coma nas outras ex-repúbicas soviéticas está en retroceso, mostrando máis interese pola lingua inglesa, o xugní é falado na zona preto de Ghorug (Xorugh, en xugní Xaragh) na Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso. Tamén se falan o sariculí, o vaghí, o bartanguí, o ruxaní e o iazgulomí.

Educación [editar]

A educación é obrigatoria ata a escola secundaria pero a súa finalización é menos do 90 %.
definición: idade 15 e máis saben ler e escribir
poboación total: 99.4%
homes: 99.6%
mulleres: 99.1% (2003 est.)

Transporte [editar]

A maioría dos sistemas de transportes foron construídos durante a era soviética e dende esa era o sistema foise deteriorando por mor dos insuficientes investimentos e mantementos das infrastructuras. Nin o sistema soviético nin a infrastructura posteriormente construida se dirixíu á división topográfica entre as rexións do norte e do sur do país. A comezos do ano 2005 unha serie de proxectos sobre transportes principais procourou corrixir este problema. O primeiro dos proxectos, o Túnel de Anzob, rematóuse en 2006, que une a estrada de Duxanbé co norte do Taxiquistán, resolvendo o problema que existía anteriormente de incomunicación que existía cada inverno. O transporte aéreo é considerado non fiable.[8]

Ferrocarril [editar]

O sistema ferroviario conta soamente con 480 quilómetros de traxectos todos de vía ancha. O sistema de ferrocarrís conecta os principais centros urbáns do oeste do Taxiquistán con as vilas principais nas veciñas [[|Uzbequistán|Uzbequia]] e Turcomenia. No ano 2000 unha nova liña conectou as cidades do sur de Curgonteppa (Qurghonteppa) e Kulob. O tránsito de pasaxeiros polo Taxiquistán véuse dificultado polos fracasos periódicos dos Ferrocarrís taxicos de pagar tarifas de tránsito e por cuestións de seguridade.[9]

Estradas e autoestradas [editar]

Traballadores chineses construíndo unha ponte na estrada entre Duxanbé e Ghuxand.

O Taxiquistán conta cunha estimación de 30.000 quilómetros de estradas, das a grande maioría foron construidas antes de 1991. Unha artería princupal percorre de norte a sur através das montañas entre a cidade de Ghuxand (Xushand), no noroeste, e Duxanbé. Unha segunda artería vai ao este dende Duxanbé a Ghorog (Xorogh) na Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso e logo ao noreste através das montañas á cidade de Ox (Oş) en Quirguicia. Debido a que a ruta Ghuxand–Duxanbé estaba pechada en inverno, construíuse o túnel de Anzob para evitar o paso de montaña e abrir así unha ruta que conecte Taxquent (Taşkent) (Uzbequistán) e puntos do norte co Afganistán e o Pakistán ao sur, vía o Taxiquistán.

A China invertíu aproximadamente 720 millóns de dólares en melloras de infrastructuras no Taxquistán, incluíndo a reconstrución, ensanche e a mellora da estrada entre Dushanbé e Ghuxand que dende agosto de 2007 está a usar equipamento chinés para os traballos de reconstrución.[10]

A mediados do 2005 comezou a construción dunha ponte sobre o río Panxe (Panj) ata Afganistán a cal foi finaciada polos Estados Unidos de America abríndose a ponte en agosto de 2007[11], e pídense proxectos para a construción de varias pontes que unan o Taxiquistán co sur.[12]

Gasodutos e oleodutos [editar]

O Taxiquistán conta cun gasoduto de 549 quilómetros que leva gas natural dende Uzbequia (ou Uzbequistán) ata Duxanbé e leva gas entre lugares de Uzbequistán polo noroeste do Taxiquistán. O Taxiquistán tamén conta cun oleoduto duns 38 quilómetros.[13]

Portos e canles [editar]

O Taxiquistán non ten acceso ao mar e non conta canles interiores navegables.[14]

Aeroportos [editar]

No ano 2007 o Taxiquistán contaba con 26 aeroportos, dos que 18 tiñan pavimentado as pistas de aterraxe e 2 con pistas de aterraxe de máis de 3.000 metros.[15], O aeroporto máis grande é o de Duxanbé que ten só uns poucos vóos con destinos internacionais. Uns poucos vóos unen Duxanbé con Taxquent (Taşkent) que é o aeroporto máis cercano que ofrece conexións coa maioría de destinos europeos. Os seguintes aeroportos máis grandes son o de Ghuxand (Xujand) e o de Kulob. A compañía estatal Tajik Air que conta cun rexistro de seguridade cuestionable, ofrece vóos a outros países de Asia Central coa excepción de Uzbequistán, e vóos semanais á Alemaña e a Rusia.[16]

Cultura [editar]

Datos estísticos [editar]

Poboación : 6 719 567 habitantes (Xullo 2002). 0-14 anos : 40,4% ; 15-64 anos : 54,9 % ; + 65 anos : 4,7 %
Superficie : 143 000km²
Densidade : 47 hab./km²
Fronteiras terrestres : 3 651 km (Afganistán 1 206 km, China 414 km, Quirguicistán 870 km, Usbekistán 1 161 km)
Litoral : 0 km
Extremidades de altitude : 300 m > 7 495 m
Esperencia de vida dos homes : 61,24 anos (en 2002)
Esperencia de vida das mulleres : 67,46 anos (en 2002)
Taxa de crecimento da pop. : 2,12 % (en 2002)
Taxa de natalidade : 32,99 ‰ (en 2002)
Taxa de mortalidade : 8,51 ‰ (en 2002)
Taxa de mortalidade infantil : 114,77 ‰ (en 2002)
Taxa de fecundidade : 4,23 nenos/muller (en 2002)
Taxa de migración : -3,27 ‰ (no 2002)
Independencia : 9 de setembro do 1991
Liñas de telefono : 242,100 (en 2003)
Telefonas portables : 47,600 (en 2003)
Aparatos de radio : 1,291 millón (en 1991)
Aparatos de televisión : 820 000 (en 1997)
Usuarios de Internet : 5 000 (en 2002)
Número de proveedores de Internet : 4 (en 2002)
Rutas: 29 900 km : 21 400 km pavimentadas - 8 500 km terra (en 1990)
Vias ferreas : 482 km (2001)
Vias navigables : 0 km
Número de aeroportos : 53 (en 2001)

Notas [editar]

  1. The World Factbook. Consultado o 7 de novembro de 2011
  2. Library of Congress Country Studies - Tajikistan - Historical & Ethnic Background - 1996
  3. Results of the 2000 population census in Tajikistan.
  4. CIA Factbook - Tajikistan
  5. Religious Freedom - Tajikistan
  6. International Religious Freedom Report 2007 - Tajikistan
  7. Constitución da República do Taxiquistán, 6 de novembro de 1994, Artigo 2.
  8. Tajikistan country profile. Biblioteca do Congreso Federal Research Division (Xaneiro de 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
  9. >Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (Xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
  10. [1] TAJIKISTAN: A CHINESE ROAD TO THE FUTURE? ; EURASIANET. (último acceso 20-08-2008)
  11. CIA World Factbook. Tajikistan
  12. >Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
  13. Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (Xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
  14. Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (xaneiro de 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
  15. CIA World Factbook. Tajikistan
  16. Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: