Xurxo Tupou V

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Taufa'ahau Tupou V»)
Xurxo Tupou V
Nacemento4 de maio de 1948
Lugar de nacementoTongatapu
Falecemento18 de marzo de 2012
Lugar de falecementoPok Fu Lam
Causaleucemia
SoterradoMala'ekula
NacionalidadeTonga
Alma máterUniversidade de Oxford e Real Academia Militar de Sandhurst
Ocupaciónrei e político
PaiTaufaʻāhau Tupou IV
NaiHalaevalu Mata'aho
IrmánsSalote Mafile'o Pilovelu Tuita e Tupou VI
PremiosOficial da Lexión de Honra
editar datos en Wikidata ]

Xurxo Tupou V, nado o 4 de maio de 1948 e finado o 18 de marzo de 2012, foi rei de Tonga do 11 de setembro de 2006 ata a súa morte. O seu nome enteiro en tongano era Siaosi Tāufa'āhau Manumataongo Tuku'aho Tupou.

Foi o fillo máis vello ro rei Taufa'ahau Tupou IV, e foi nomeado príncipe herdeiro o 4 de maio de 1966. Na súa vida corrente é máis coñecido co nome tradicional de Tupouto'a. Como príncipe herdeiro, exerceu unha grande influencia na política tonguesa, e foi ministro de Asuntos Exteriores entre 1979 e 1998. Ten grandes negocios tanto no arquipélago como fóra. Está solteiro e non ten fillos.

O 11 de setembro de 2006, ao morrerlle o pai, foi nomeado rei de Tonga, se ben a coroación oficial non se realizou ata o 1 de agosto de 2008, unha vez rematado o loito dun ano polo monarca falecido. O seu sucesor foi o seu irmán Lavaka Ata 'Ulukalala.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]