Tartaraña das xunqueiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tartaraña das xunqueiras
Rohrweihe.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Circus
Nome científico
Circus aeruginosus
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus) é unha ave de rapina da familia Accipitridae, relacionada coa tartaraña cincenta e a gatafornela.

Índice

[editar] Descrición

Teñen case o tamaño dun miñato, pero son sensiblemente máis delgadas e de alas máis estreitas. Miden de 48 a 62 cm. de lonxitude, cunha envergadura de alas de ata 130 cm. As femias pesan uns 740 g. de media fronte ós 540 g, dos machos. As femias son algo meirandes e maioritariamente castañas escuras, coa cabeza amarela clara. Os machos son de cor castaña ferruxenta coa rexión central das alas gris prateada e as puntas das alas negras: teñen a cola longa e gris e a cabeza gris clara cun debuxo de liñas escuras. A tartaraña das xunqueiras e máis forte cá outras especies de tartaraña.

Os berros da tartaraña das xunqueiras escóitanse exclusivamente preto da zona de cría, en especial cando acaban de regresar da viaxe migratoria. Serven sobre todo para marca-lo territorio e para as cerimonias de cortexo.

[editar] Sistemática

Ata recentemente a tartaraña das xunqueiras incluía diversas subespecies que na actualidade son usualmente consideradas especies separadas:

verde claro:Zonas de cría, azul: cuarteis de inverno, verde escuro:sedentaria

[editar] Distribución

Están presentes como reproductoras no norte de África, , Europa (agás as illas Británicas), Asia (dende a Asia menor ata Sakhalin e Corea) e en Nova Guinea, Reunión, Madagascar e as Comores . Os puntos de máis concentración das súas poboacións están nas terras baixas de Rusia e norte e centro de Europa. Pasan o inverno en África, aínda que algúns exemplares poden pasa-lo inverno en España e Francia Son aves propias de zonas húmidas con canavais e xuncos.

[editar] Conduta migratoria

Fan os voos migratorios de xeito individual. Os exemplares occidentais voan dende finais de agosto ata mediados de outubro sobre Francia, España, Xibraltar e ó longo da costa oeste do Atlántico ata os cuarteis de inverno. O regreso comeza entre mediados de marzo e primeiros de abril.

Femia ou exemplar inmaturo de tartaraña das xunqueiras.

[editar] Alimentación

A súa estratexia de caza consiste en aparecer por sorpresa cabo das presas despois dun voo baixo mantendo as alas en xeito de V. Adoitan capturar as presas no chan, máis raramente na auga ou no aire. Coma as outras especies de tartaraña son ladroas de niños que comen tanto os polos como os ovos. Entre o 70 e o 80% da súa dieta está composta de paxaros e aves acuáticas case sempre xoves, coma patos ou galiñolas, pero en caso de abundancia de ratos de campo, estes poden ser a súa fonte de alimentación principal. Capturan tamén outros mamíferos pequenos, peixes, ras, lagartos e insectos grandes.

[editar] Reprodución

A partir de marzo ou abril os machos comezan os seus espectaculares voos de exhibición, que inclúen ataques finxidos á femia, picados e desprazamentos laterais bruscos, e que teñen como obxectivo crear unha relación de parella. Fan os niños nas xunqueiras ou no canaval mesto sobre da auga, ou entre plantas propias de zonas húmidas directamente no chan. Crían as veces en campos de cereais e, moi raramente, en prados.poñen entre 3 e 7 ovos, que chocan as femias entre 31e 36 días. Os polos pasan uns 40 días no niño. Os machos ocúpanse da alimentación da femia durante a incubación e de fornecer con comida ós polos. A entrega de comida faise en voo ou no chan. Unha parella reprodutora precisa entre 800 e 2000 hectáreas de territorio de caza.

Vista inferior dun macho de tartaraña das xunqueiras

[editar] Situación

A persecución da que foron obxecto as tartarañas das xunqueiras (coma outras rapaces) dende finais do século XIX sumada a desaparición de boa parte das súas áreas de cría provocaron unha redución drástica das súas poboacións. As campañas de protección e a prohibición do uso do DDT favoreceron a súa recuperación nalgunhas rexións europeas, coma Alemaña. A especie está ameazada sobre todo pola drenaxe e urbanización de zonas húmidas e polas molestias causadas as parellas reprodutoras. É unha das aves protexidas polas normativas da Unión Europea

[editar] Nomes vulgares noutras linguas

  • Alemán: Rohrweihe
  • Catalán: Arpellot de marjal
  • Danés: Rørhøg
  • Español: Aguilucho lagunero
  • Euskara: Zingira-mirotz
  • Francés: Busard des roseaux
  • Inglés: Marsh harrier
  • Italiano: Falco di palude
  • Neerlandés: Bruine kiekendief
  • Portugués: Tartaranhão-ruivo-dos-pauis, Águia-sapeira
  • Ruso: Bolotny lun’ (Болотный лунь)
  • Sueco: Brun kärrhök

[editar] Bibliografía

  • Walter Bednarekt; Greifvögel - Biologie, Ökologie, Bstimmen, Schützen, Landbuch-Verlag, Hannover, 1996, ISBN 3-7842-0537-2
  • Einhard Bezzel: Vögel, BLV Verlagsgesellschaft, München, 1996, ISBN 3-405-14736-0
  • Roger Clarke (1995) The Marsh Harrier, Hamlyn, London.
  • James Ferguson-Lees (2001) Raptors of the World, Christopher Helm.
  • Benny Génsbol, Walther Thiede: Greifvögel - Alle europäischen Arten, Bestimmungsmerkmale, Flugbilder, Biologie, Verbreitung, Gefährdung, Bestandsentwicklung, BLV Verlag München, 1997, ISBN 3-405-14386-1
  • Theodor Mebs: Greifvögel Europas - Biologie - Bestandsverhältnisse - Bestandsgefährdung Franckh-Kosmos Verlag Stuttgart 2002, ISBN 3-440-06838-2

[editar] Weblinks

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas