Tarsila do Amaral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTarsila do Amaral

(1925) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1886 Editar o valor em Wikidata
Capivari, Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xaneiro de 1973 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério da Consolação (pt) Traducir, quadra 36, terreno 46 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Julian (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes visuais, Pintura no Brasil (pt) Traducir e Escultura do Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora , debuxante , escultora , artista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeOswald de Andrade (1926–1930) Editar o valor em Wikidata

Páxina webtarsiladoamaral.com.br Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1316375 Musicbrainz: 076c7710-237a-4b0a-a951-4f337838a6a2 Discogs: 4162004 Editar o valor em Wikidata

Tarsila do Amaral, nada en Capivari o 1 de setembro de 1886 e finada en São Paulo o 17 de xaneiro de 1973, foi unha pintora brasileira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tarsila do Amaral é a pintora máis representativa da primeira fase do movemento modernista brasileiro. O seu cadro Abaporu de 1928, inicia o movemento antropofáxico nos artistas plásticos do país. Comezou a aprender pintura no ano 1917, da man de Pedro Alexandrino e máis tarde, estudará con George Fischer Elphons. En 1920 viaxa a París onde frecuentou a Académie Julien, onde recibe a orientación de Émile Renard. En Francia coñeceu a Fernand Léger e participou do Salón oficial de artistas franceses de 1922, desenvolvendo técnicas influenciadas polo Cubismo. De volta no Brasil únese a Anita Malfatti, Menotti de Picchia, Mário de Andrade e Oswald de Andrade, conformando o grupo dos cinco, que defende as ideas da semana da arte moderna e se coloca á fronte do movemento modernista do Brasil.

En 1926 casa con Oswald de Andrade e nese mesmo ano realiza a súa primeira exposición individual na Galería Percier, en París. A partir dese momento as súas obras adquiren grandes características primitivas e nativistas. É característico desta época o seu cadro Abaporu, que serve de guía no movemento antropofáxico.

En 1933 desenvolveu unha pintura máis conectada a temas sociais, da cal son exemplos as obras Obreiros e Segunda Clase. Expuxo nas dúas primeiras bienais de San Paulo e chegou a gañar unha retrospectiva no Museo de Arte Moderna de San Paulo no 1960. En 1964, presentouse á bienal de Venecia.

Na súa honra batizouse como Amaral un cráter do planeta Mercurio

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]