Taraf de Haïdouks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Taraf de Haïdouks
Tarafdehaïdouks.jpg
concerto en Caldas de Reis
Orixe Clejani, Romanía Flag of Romania.svg
Período 1990-
Xénero(s) música romaní
Selo(s) discográfico(s) divano production
Membros Fixos: Ilie Iorga, Paul Giuclea, Constantin Boieru Lautaru, Gheorghe Anghel, Gheorghe Fălcaru, Gheorghe Robert, Marin Manole, Ionitsa Manole e Ion Tanase. Ocasionais: Constantin Sandu, Florea Pârvan, Marin Sandu
Antigos membros Nicolae Neacşu, Dumitru Baicu, Ion Manole
Na rede
blog do grupo

Taraf de Haïdouks é unha banda romanesa de música romaní, orixinaria da comuna de Clejani, do distrito Giurgiu. É o grupo máis célebre do xénero na era post-comunista.

Son coñecidos no seu país como Taraful Haiducilor, que vén a significar "banda dos proscritos". "Taraf" é tamén o nome tradicional dos grupos de lăutaris (músicos xitanos da tradición romanesa). "Haiduk" é unha palabra de orixe turca que significa "bandido"; en romanés ten unha connotación arcaica ou rústica. O nome do grupo é coñecido internacionalmente como "Taraf de Haïdouks" (construción xenitiva francesa).

A agrupación formouse en 1990, pouco despois da morte do ditador Nicolae Ceauşescu. Inicialmente eran doce músicos non profesionais, que tocaban por pasalo ben. Son coñecidos na Europa occidental mercede ó etnomusicólogo suízo Laurent Aubert e ós músicos belgas Stéphane Karo e Michel Winter.

Membros[editar | editar a fonte]

Fundadores[editar | editar a fonte]

Membros ocasionais[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]