Tapalazunaulis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tapalazunaulis foi rei de Arzawa sobre o -1340.

Fuxira ás illas do mar Exeo, pero volveu das illas e acadou o mando na cidade de Purandas, que resistía heroicamente aos hititas. Mursilis II marchou dasde Astarpa, atraeu a Tapalazunaulis á cidade de Purandas, e asaltouna. Tapalazunaulis ao ver o perigo, perdeu o gusto pola guerra e fuxiu coa súa familia e algúns fieis. Mursilis puido capturalo e, sen rei, Purandas caeu rapidamente. Descoñécese a súa sorte.