Tapa (recipiente)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un envase de conserva vexetal coa súa tapa.

Unha tapa,[1] tampa, tapadeira ou cuberta, é unha peza móbil de forma en xeral aplanada con que se cobre calquera recipiente ou caixa, que pode ser independente ou estar articulada polo bordo mediante un gonzo ou bisagra, empregada para pechar ou selar dito recipiente para protexer o seu contido e tamén para evitar que este se derrame.

Nalgúns casos leva un elemento de agarre (unha asa, unha peza para calcar co dedo polgar ou unha forma ornamental (froitas, verduras ou landra).

Encontráronse tapas realizadas en cerámica que se remontan ao 3100 a. C.[Cómpre referencia]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra tapa probabelmente derive do gótico *tappon ou do fráncico *tapo, tapón, rolla.[2]

Cociña[editar | editar a fonte]

Cazola de cociña coa súa tapa, con asa.

En cociña a tapa denomínase, ademais de cos sinónimos anteditos, tello e testo, e é o utensilio que se utiliza para cubrir un recipiente (cazolas, olas, tarteiras, tixolas, etc.), e que pode axustarse máis ou menos para cociñar máis rapidamente, ao concentrar a calor, ou para facer ferver o contido a lume maís lento.

Nas olas a presión, o interior da tapa, que pecha hermeticamente, ten un relevo que serve para facer baixar o vapor condensado en forma de chuvia, e está equipada cunha válvula para que escape o vapor, en caso de excesivo quecemento, e permitir unha utilización segura, sen que a ola explote.[3]

Envases[editar | editar a fonte]

No envasado o principal obxectivo da tapa a é o de protexer o contido do envase.

Hai tapas abisagradas (por exemplo, as caixas de cartón para o deterxente en po) ou caixas metálicas, con auténticas bisagras, para conter cigarros, , botellas de brandys e outros augardentes de elevado prezo, etc.

Hai tapas que se embuten no recipiente, como nos botes de pintura ou nos envases de manteiga ou de margarina, nas que a elasticidade do material asegura o peche e selado.

Hai tapas metálicas, ou de plástico, con rosca ou suxeitas a presión, ás veces chamadas cápsulas, como nas botellas de leite, cervexa, auga mineral ou refrescos. Estas tapas garantizan a inviolabilidade do contido e a súa perfecta conservación.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tapa

Outros artigos[editar | editar a fonte]