Tangsudo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tangsudo (en coreano: 당수도 ) é unha arte marcial coreana, creada na década de 1930, por Hwang Kee, que reúne elementos doutras artes, principalmente o Karate do estilo Shotokan e Wushu chinés con Taekkyeon e Subak. O adestramento consiste precipuamente de repetición de formas con elementos de ataque e defensa compilados, tal como ocorre nas artes marciais chinesas e xaponesas.[1][2]

A denominación da arte marcial é derivada da pronuncia coreana (hanja) dos logogramas chineses 唐手道, que significan, en tradución literal, "camiño das man chinesas", pois o logograma "Tang" () refírese á dinastía homónima. Eses mesmos símbolos, cando lidos como kanji xaponeses, significan a mesma cousa e remiten a un dos vetustos nomes do Karate, podendo ser lidos exactamente karatedo..[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Koren tadicional" (en portugués). http://www.fuguitang.com/korean-tradicionais-artes-marciais.html. Consultado o 26 de marzo de 2014.
  2. "History of Tang Soo Do" (en inglés). http://www.tang-soo-do.org.uk/history.html. Consultado o 26 de marzo de 2014.
  3. "Tang soo do" (en inglés). http://www.ockicks.com/our-style.html. Consultado o 26 de marzo de 2014.