Tandja Mamadou
| Tandja Mamadou | |||
|---|---|---|---|
![]() |
|||
|
|
|||
| Presidente de Níxer | |||
| Período: | 22 de decembro de 1999 - 18 de febreiro de 2010 | ||
| Antecesor: | Daouda Malam Wanké | ||
| Sucesor: | Salou Djibo | ||
| Período: | |||
| Antecesor: | |||
| Sucesor: | |||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 1938 | ||
| Lugar: | Maïné-Soroa, Níxer | ||
| Falecemento: | {{{datafalecemento}}} | ||
| Lugar: | {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}} | ||
| Organización: | Mouvement National de la Société de Développement - MNSD | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | Laraba Tandja | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | |||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | militar e político | ||
| Relixión: | {{{relixón}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Tandja Mamadou, nado en Maïné-Soroa en 1938, é un militar e político nixerino, presidente do seu país entre o 24 de novembro de 1999 e o 18 de febreiro de 2010, cando foi derrocado e detido por militares no golpe de estado, en medio dunha polémica pola extensión do seu mandato. Antes de acadar a presidencia do seu país, fora coronel do exército.
[editar] Biografía
Foi Ministro de Interior durante a presidencia do xeneral Ali Seibou, posto desde o cal dirixiu a represión da revuelta tuareg en Ténéré en 1990, feitos nos que máis de douscentos tuaregs foron arrestados, torturados e executados sen xuízo tralo ataque da xendarmería de Tchin-Tabaraden, na rexión de Tahoua, o 7 de maio de 1990. Os tuaregs reclaman un tratamento igualitario na administración.
A conferencia nacional nixerina de 1991 aprobou a celebración de eleccións multi-partitas: lexislativas o 14 de febreiro de 1993 e presidenciais o 27 de febreiro e 30 de marzo. Na primeira volta das presidenciais, Mamadou, candidato do antigo partido único, o Movemento Nacional pola Sociedade en Desenvolvemento (MNSD) obtivo o 34,22 % dos votos, por diante de Mahamane Ousmane, candidato á fronte dunha alianza de partidos de oposición que acadou un 26,59 %. Na segunda volta, Ousmane gañou a totalidade dos votos e as eleccións cunha participación moi reducida (35 %).
O 27 de xaneiro de 1996, o xeneral Ibrahim Baré Maïnassara derrocou o presidente Ousmane e organizou eleccións presidenciais en xullo do mesmo ano. Mamadou presentouse, pero só obtivo a terceira praza co 15,65 % na primeira volta, polo que non puido participar na segunda. O presidente saínte, o xeneral Ibrahim Baré Maïnassara, resultou vencedor no escrutinio contra Mahamane Ousmane.
Tralo asasinato do xeneral Baré en abril de 1999 e a toma de poder por parte do comandante Daouda Mallam Wanké, unhas novas eleccións presidenciais sen fraude notable tiveron lugar en novembro de 1999. Mamadou recibiu o 32 % dos votos na primeira volta e venceu ao antigo primeiro ministro Mahamadou Issoufou na segunda volta co 60 % dos votos. Mamadou comezou o seu mandato o 22 de decembro de 1999.
Ao mesmo tempo que as presidenciais, tiveron lugar as eleccións lexislativas, nas que resultou victorioso o MNSD de Tandja Mamadou. O novo presidente nomeou primeiro ministro a Hama Amadou.
Mamadou deu algunhas prioridades ao seu mandato: a prioridade era restablecer os contactos cos arrendadores dos fondos internacionais e ofrecerlles garantías de estabilidade e liberalismo económico, pois Níxer, un dos países máis pobres do mundo, depende en gran medida das axudas internacionais. Pero os recortes de Mamadou nos orzamentos de educación e sanidade, a redución dos efectivos da función pública nixerina e o retraso do cargo de funcionarios e militares até os 18 meses causaron un descontento xeralizado entre a poboación, plasmada na manifestación de estudantes no campus da Universidade de Niamey en 2001 e nun amotinamento de unidades de militares en 2002. Por medo a que as manifestacións se extendesen, Mamadou dominou o amotinamento e controlou a prensa.
Nas eleccións presidenciais de novembro de 2004, Mamadou volveuse presentar. Na primeira volta Mamadou obtivo unha ampla vantaxe sobre outros cinco candidatos (40,7 % dos votos) e na segunda venceu a Mahamadou Issoufou co 65,5 % dos votos, obtendo así un segundo mandato. O candidato Issoufou denunciou fraudes electorais nas rexións desérticas do norte, mais é pouco probable que a amplitude das fraudes fose a responsable de mudar o resultado das eleccións.
O 19 de xaneiro de 2005, durante a 28ª cumbre en Accra (Ghana), Tandja Mamadou foi elixido presidente da Comunidade Económica de Estados do Oeste de África, sucedendo ao ghanés John Kufuor.
O 18 de febreiro de 2010 un golpe de estado secuestrou a Mamadou e ao seu gabinete, instaurando unha xunta militar que realizou unha rápida transición á democracia.
| Presidente de Níxer | ||
|---|---|---|
Segue a: Daouda Malam Wanké |
Tandja Mamadou | Precede a: Salou Djibo |
| Mouvement National de la Société de Développement - MNSD | ||
