Tampereen Ilves
|
||
|---|---|---|
| Fundado en | 1931 | |
| Sede | ||
| Cancha | Tampereen jäähalli (7.600 espectadores) |
|
| Cores | Verde, amarelo, negro e branco |
|
| Liga | SM-liiga | |
| Campionatos | 16 | |
| Adestrador | ||
| Propietario | ||
| Equipos(s) afiliado(s) | Lempäälän Kisa (Mestis) | |
| Sitio Web | http://www.ilves.com | |
O Tampereen Ilves, ou símplemente Ilves, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, competición que gañou en 16 ocasións, se ben non gañou máis dun título dende que a competición adoptou a denominación actial. Xoga os seus partidos como local no Tampereen jäähalli, un pavillón con capacidade para 7.600 espectadores.
Índice |
Historia [editar]
O Ilves foi fundado no instituto Tampereen Lyseo en 1931, sendo o seu primeiro presidente Niilo Tammisalo, e xogando o seu primeira partido oficial no xeo do lago Näsijärvi, caendo por 2 goles a 1 fronte ao Tapereen Palloilijat (TaPa) marcando par o Ilves Reino Lahtinen. En 1934 o Ilves acadou o terceiro posto do campionato finlandés, gañando a medalla de bronce, e tan só dous anos despois (en 1936) proclamouse campión por primeira vez na súa historia, revalidando o título os dous anos seguintes.
En 1942, logo de permanecer invicto durante catro anos, o Ilves perdeu un partido en Hämeenlinna, onde o Tarmo puxo fin a unha xeira de 34 vitorias consecutivas. En 1945 o Ilves alzouse nóvamente como campión finlandés, revalidándoo nóvamente os dous anos seguintes, e conseguindo nóvamente entre 1950 e 1952 outros tres títulos consecutivos sen perder ningún partido.
En 1965 construiuse en Tampere o primeiro estadio cuberto de hóckey sobre xeo, o Hakametsä Arena, converténdose o moderno estadio na casa do Ilves.
En 1970 finaliza na segunda posición por terceiro ano consecutivo. O equipo consigue estar entre as tres primeiras posicións durante nove anos seguidos, conseguindo dúas medallas de ouro, catro de prata e tres de bronce entre 1963 e 1970. O 15º título do equipo chegou en 1972, coa superestrela canadiana Len Lunde (primeiro xogador extranxeiro do Ilves e que tamén adestraría ao equipo).
Entre 1976 e 1982 o equipo sufre unha crise de resultados, non conseguindo ningunha medalla nestes anos, mais en 1985 chegaría o 16º título nacional tras derrotar ao TPS nunha emocionante final ao mellor de cinco partidos na que os de Turku gañaron os dous primeiros partidos e o Ilves conseguiu remontar a final na mellor remontada vista nunca no hóckey finlandés. En 1990 rematou na segunda posición, gañando na final o TPS por catro partidos a dous. En 1998, tras non conseguir ningunha medalla nas sete tempadas anteriores, o Ilves chegou unha vez máis á final baixo a dirección do adestrador ruso Vladimir Jursinov, onde o IFK Helsinki dominou a serie e gañou o título tras vencer en tres partidos (3-0). A última medalla gañada ata o momento polo equipo chegou en 2001, cando conseguiu unha sorprendente terceira posición, mais tan só dous anos despois o equipo viviría a súa tempada máis triste logo de finalizar na derradeira posición na liga, conseguindo sen embargo ao ano seguinte unha meritoria sexta praza baixo a dirección do adestrador checo Vaclav Sykora. En 2005, logo dunha mala tempada de outono, a tripla do canadiano Steve Kariya, o checo ex de Atlanta Trashers Patrik Stefan, e Hannes Hyvönen axudou ao Ilves a conseguir unha meritoria sétima posición, mellorando ao ano seguinte cunha sexta praza.
No 2008 retirouse un dos mellores xogadores do Ilves, Raimo Helminen, rematando a tempada nos cuartos de final fronte ao Oulun Kärpät, que finalmente se faría co título de liga. Sen embargo, no 2010 o equipo finaliza a liga regular na última posición, gañando a permanencia nos playoffs. Ao ano seguinte, no 2011, o equipo integrado principalmente por xogadores xoves conseguiu unha meritoria oitava posición.
Palmarés [editar]
- 16 SM-liiga: 1936, 1937, 1938, 1945, 1946, 1947, 1950, 1951, 1952, 1957, 1958, 1960, 1962, 1966, 1972, and 1985
Xogadores [editar]
- 2 Jarmo Wasama
- 7 Aarne Honkavaara
- 13 Risto Jalo
- 14 Lasse Oksanen
- 16 Jorma Peltonen
- 30 Jukka Tammi
- 41 Raimo Helminen
O número 24 non foi retirado oficialmente, mais non se usa. Foi impregado por última vez por Veikko Suominen, que se suicidou durante a tempada 1978–79.