Tamal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tamais nunha tamalera.

O tamal (do náhuatl tamalli) é un prato típico de México de orixe indíxena que se remonta a antes da conquista española. Posteriormente estendeuse ó Perú, Colombia e América central. Consiste nunha pasta de millo cocida con carne, vexetais, pementos, froitas, mollos e outros ingredientes. Elabórase envolto en follas de millo ou de bananeiro, e cócese en auga ou ó vapor. Poden ter sabor doce ou salgado.

Orixe[editar | editar a fonte]

Existe probas de que as culturas predominantes en México que levaron o millo a outras culturas e rexións tamén levaron consigo pratos e formas de cociñalo millo. Como o tamal é un método sinxelo de cocción do millo, é posible que fose levado dende México a América Central e do Sur. Porén, segundo os arqueólogos Karl Taube, William Saturno e David Stuart, os tamais datan do ano -100. Eles atoparon referencias pictóricas no Mural de San Bartolo, en Petén, Guatemala. Aínda que os tamais puideron terse trasladado dun país a outro, non hai evidencia de cara onde foi a migración do mesmo.

Os tamais son descritos en México por frai Bernardino de Sahagún na súa Historia general de las cosas de Nueva España a comezos do século XVI.

Comían también tamales de muchas maneras; unos de ellos son blancos y a manera de pella, hechos no del todo redondos ni bien cuadrados... Otros tamales comían que son colorados...
Fray Bernardino de Sahagún

Sahagún e outros autores fan referencia ó tamal non só como comida da xente común, senón dos nobres, dos sacerdotes en cerimonias especiais de xaxún.[1]

A evidencia arqueolóxica amosa o tamal como parte da vida cotiá dalgunhas culturas de México na época prehispánica, ademais de usarse en rituais relixiosos, en ofrendas e tumbas. No caso dos maias, hai esculturas e pinturas dos períodos maias clásico e posclásico temperán.[2][3] [4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Notes on the Cookery of Tepoztlan, Morelos". The Journal of American Folk-lore 42. 1929. 
  2. Taube, Karl A. (1989). The Maize Tamale in Classic Maya Diet, Epigraphy, and Art. 54. 
  3. Foster, Lynn V.; Peter Mathews (2005) (en inglés). Handbook to life in the ancient Maya world. pp. 336. ISBN 0195183630, 9780195183634. 
  4. Coe, Sophie Dobzhansky (1994) (en inglés). America's First Cuisines. pp. 149. ISBN 029271159X, 9780292711594.