Tamaguelos, Verín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tamaguelos, Tamaguelos, Verín»)
Tamaguelos
Igrexa parroquial
ConcelloVerín[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°52′16″N 7°26′30″O / 41.87106516, -7.44159438Coordenadas: 41°52′16″N 7°26′30″O / 41.87106516, -7.44159438
Poboación188 hab. (2017)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Tamaguelos é unha parroquia do concello de Verín na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 223 habitantes, deles 105 eran homes e 118 eran mulleres, o que supón un incremento de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada no suroeste do concello e limita ó norte coa parroquia de San Martiño de Mourazos, ó sur co concello de Oímbra, ó leste coa parroquia de Santa María de Mandín, e ó oeste con Rabal e co concello portugués de Chaves.

A orografía condiciona a morfoloxía do territorio e o modelo de asentamento da poboación. A depresión do Támega é o elemento físico que inflúe máis na localización e no tipo de núcleos de poboación, na localización dos cultivos e nas vías de comunicación. A rede hidrográfica está caracterizada polo curso do río Támega e por unha rede de regueiros, afluentes do Támega, que teñen a súa cabeceira nos montes orientais da parroquia e que drenan esa área da parroquia.

Estrada N-532 ao seu paso pola parroquia.

No modelo de asentamento de poboación, o núcleo rural primitivo se sitúa na chaira da depresión do Támega, preto do seu curso, e preto do trazado da estrada N-532. A parroquia está atravesada pola ruta da Prata do camiño de Santiago.

A súa tipoloxía responde a edificacións concentradas de tipo tradicional, construídas con materiais do contorno, con poucos espazos entre elas, de disposición irregular e sinuosa, polos que pasan estreitos viais. No trazado da estrada, que se constitúe como eixo artellador da malla da parroquia, se localiza un poboamento lineal, que corresponde a vivendas construídas nas últimas décadas.

Destaca o cultivo da vide nas terras de cultivo do contorno do núcleo e nas ribeiras do Támega.

Topónimo[editar | editar a fonte]

O topónimo Tamaguelos, ao igual có da veciña parroquia de Tamagos, está relacionado co pobo dos tamaganos, mencionado no Padrón dos Pobos, á súa vez relacionado co río Támega.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Tamaguelos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Tamaguelos no concello de Verín (Ourense)

Tamaguelos

Parroquias de Verín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Verín

Ábedes (Santa María) | Cabreiroá (San Salvador) | Feces de Abaixo (Santa María) | Feces de Cima (Santa María) | Mandín (Santa María) | Mourazos (San Martiño) | Pazos (San Fiz) | Queirugás (San Bartolomeu) | Queizás (San Pedro) | A Rasela (Santa María) | Tamagos (Santa María) | Tamaguelos (Santa María) | Tintores (Santa Cristina) | Verín (Santa María a Maior) | Vilamaior do Val (Santiago)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]