Taller de teatro de Akira Toriyama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

O taller de teatro de Akira Toriyama (鳥山明○作劇場, en kanji), é unha serie de libros editados por Jump Comics de Shueisha Publishing, que compilan varios traballos de Akira Toriyama, dende que daba os seus primeiros pasos con Wonder Island ata un das súas últimas tentativas por volver toca-la gloria, coma é o caso do efémero Go!Go! Ackman.

Lista de obras incluídas na colección[editar | editar a fonte]

Chegáronse a publicar tres volumes do Taller de teatro. Nótese que no título orixinal en xaponés aparece un número cero, se esta é unha indicación do nivel de calidade das historias para o propio Toriyama, é algo que, definitivamente, só os lectores poderán decidir.

O taller de teatro de Akira Toriyama Vol.1[editar | editar a fonte]

(Marzo de 1984) ISBN 4088512618

  • Wonder Island (o primeiro traballo de Akira Toriyama)
  • Wonder Island 2
  • ギャル刑事(デカ)トマト ("A rapaza detective Tomate", despois deste traballo Toriyama comezaría a elaboración da serie Dr. Slump)
  • Pola & Roid
  • Mad Matic
  • Chobit
  • Chobit 2

O taller de teatro de Akira Toriyama Vol.2[editar | editar a fonte]

(Marzo de 1988) ISBN 4088514696

  • 本日のハイライ島, ギャル刑事トマト ("Unha illa do Xapón", "A rapaza detective Tomate 2")
  • Escape
  • Pink
  • 騎竜少年 ("Dragon Boy")
  • トンプー大冒険 ("A grande aventura de Dompú")
  • 剣之助さま ("Kennosuke Sama")
  • Sonchoh

O taller de teatro de Akira Toriyama Vol.3[editar | editar a fonte]

(Agosto de 1997) ISBN 4088720539

  • 豆次郎くん ("MameJiro")
  • 空丸くん日本晴れ ("Ó redor dos ceos do Xapón")
  • 貯金戦士Cashman ("O soldado Cashman")
  • Dub & Peter1
  • Go!Go! Ackman