Taliabu
| Taliabu | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Lekitobi |
| País | Indonesia |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Illas Sula |
| Linguas | [[]] |
| Poboación (2010) | |
| Superficie | 2.913 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 1°8′S 124°8′E / 1.133°S 124.133°E |
| Maior Altura | 1.157 m. |
| Localización | |
Taliabu é a maior illa (2.913 km²) e máis occidental das Illas Sula, que á súa vez forma parte das illas Molucas en Indonesia. Atópase ao oeste das illas Mangole e Sanana.
Xeografía [editar]
Taliabu atópase ao leste de Sulawesi, está separada da veciña illa de Mangole, polo Estreito de Capalulu. O punto máis alto está en Taliabus 1.157 m, o litoral da illa ten unha lonxitude de 410´5 quilómetros. Taliabu é montañosa e boscosa, e escasamente poboada. A cidade principal é Lekitobi no suroeste da illa.
Historia [editar]
Taliabu orixinalmente pertencía a sultán de Ternate. En 1683 convertiuse en colonia dos Países Baixos. Logo da Segunda Guerra Mundial en 1949 pasou a pertencer á agora independente Indonesia. Ao principio era parte da provincia de Molucas, desde 1999 pertence á provincia de Maluku Utara.
Poboación [editar]
A poboación de Taliabu probablemente é orixinaria da rexión oriental de Sulawesi, son similares étnica e culturalmente aos pobos de Buru e Ceram, a maioría é de ascendencia malaio-polinesia. Mentres que no pasado dominaban principalmente as crenzas indíxenas, hoxe en día o Islam é a relixión predominante en Taliabu.